Mércores. 13.11.2019
El tiempo

A Costa da Morte volcouse para deixar un mar con máis vida que plástico

A Costa da Morte volcouse para deixar un mar con máis vida que plástico
Limpeza de praias de Senda Nova en Baldaio Imaxe da limpeza de praias de Senda Nova en Baldaio

ADEGA e Campos do mar armaban un ano máis a Limpeza Simultánea de praias. E desta volta si que respondeu a veciñanza da Costa da Morte, e houbo batidas en Carballo, Muros, Fisterra e Muxía, todas facendo extensivo o lema "Mares sen plástico, mares con vida.

Voluntarios do IES Fin do Camino limpando a praia de Fisterra [email protected] do IES Fin do Camiño limpando a praia de Fisterra

Por Fisterra foron os alumnos do IES Fin do Camiño os que se achegaron á praia Langosteira para recoller quilos e quilos de plásticos. Máis de 10 sacos de plásticos pequenos recolleron os bravos alumnos, ademais dunha gran chapa, un par de rodas, un colchón… e outro material sospeitoso que poucos se explican como puido chegar ata aí.

Voluntarios na Limpeza de praias de Louro-Foto-Xose Sendon Voluntarios na Limpeza de praias de Louro-Foto-Xose Sendon

Tamén estiveron os membros do Concello de Muros organizando unha xorna na praia de Area Maior de Louro, ao amparo do Montelouro. Media ducia de voluntarios saíron cargadiños de sacos deixando un pouco máis limpo o areal.

Limpeza de praias en Louro-Foto-Xose Sendon Limpeza de praias en Louro-Foto-Xose Sendon

Por Muxía fixeron o propio na praia dos Muíños.

Os que tamén se mollaron os pés foron os voluntarios de Senda Nova. Fixérono en Baldaio, nun acto tremendamente simbólico que serve para mostrar os danos do lixo mariño. Recolleronn cerca de 150 kg de lixo, nos que o que máis destacaban eras as cordas e os bastonciños dos oídos, precedidos por tapóns, redes e diversos plásticos de moita índole, entre eles a materia prima para realizar eses obxectos que hoxe recollemos. A praia estaba infestada de boliñas de plástico, que despois de fundidas empréganse para facer calquera obxecto deste material tan nefasto para os nosos ecosistemas.

Voluntarios na Limpeza de praias de Senda Nova en Baldaio Voluntarios na Limpeza de praias de Senda Nova en Baldaio

Novas relacionadas

Artigos de Xosé Manuel Barros

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios