Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A Rede de Espazos Museístico Atlántico celebra un encontro en Muros

A Rede de Espazos Museístico Atlántico celebra un encontro en Muros
As salas do museo da Fábrica de Sel de Muros acollen mañá, a paritr das 11:30 horas, un encontro da Rede de Espazos con contido Museístico Atlántico, REMA. Neste consello participarán os representantes dos diferentes espazos expositivos galegos que pertencen á rede. O obxectivo deste encontro é o de informar sobre o progreso da iniciativa, detallar as actividades programadas para o período 2018-2019 e dar conta das solicitudes de novas adhesións á rede. Ademais, está previsto falar sobre a visita realizada a Francia para establecer contacto coa rede de museos da Bretaña francesa. Á reunión tamén asistirán membros da directiva da Rede e os xerentes dos Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro (GALP) de Galicia. Os promotores da entidade tamén convidaron aos responsables de varios museos e exposicións galegas a participar no encontro co fin de coñecer de primeira man as vantaxes de pertencer a esta rede colaborativa. Na actualidade, o colectivo cuxo Consello preside a alcaldesa de Muros, María Xosé Alfonso Torres, conta con oito museos galegos adheridos ademais do Museo Marítimo de Ílhavo (Portugal). Ademais, a Rede foi contactada por varias institucións interesadas en formalizar a súa pertenza ao colectivo. Todos estes espazos teñen en común a súa orientación cara temáticas vencelladas ao mar dende distintas ópticas: etnografía, historia, patrimonio, natureza,… A Rede REMA é froito dun proxecto de cooperación no que participan os nove GALP de Galicia. Tras unha primeira fase de posta en marcha, nos próximos meses levará a cabo unha serie de actividades enfocadas a fortalecer a entidade, sumar novos museos e achegar ao público a oferta cultural e patrimonial que poderán atopar nesta iniciativa, que conta co aval da Xunta de Galicia e da UE a través do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca.

Comentarios