Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Ruta dos Faros… pechados

A Ruta dos Faros… pechados
O Faro Fisterra eternamente pechado O Faro Fisterra eternamente pechado

Se o contas polo mundo, a xente quedaría atónita. Pero a realidade é que a Costa da Morte leva anos promovendo a Ruta dos Faros (non confudamos co Camiño dos Faros, alleo á necesidade de apertura dos edificios), pero esquecéndose dos seus propios protagonistas. O peche do Faro Vilán o pasado mes de xaneiro pola incapacidade de seguir adiante cos gastos da brava Asociación de Empresarios de Camariñas, pon en relieve un dos grandes problemas do sector.

A falta de planificación estratéxica provoca que a Costa da Morte non conte cun só Faro aberto, cando varios dos nosos produtos turísticos máis atractivos levan o seu nome intrínseco; cando o meirande embleme turístico da bisbarra e un dos puntos máis visitados de Galicia é un Faro; cando temos un Faro nun dos puntos máis septentrionais da europa continental por onde marcha o último raio de sol cada día durante varios meses

A Costa da Morte leva máis de 10 anos pedindo que os faros se convirtan en verdadeiros referentes, enauténticos puntos de benvida para os milleiros de visitantes que chegan cada ano. O caso do Faro Fisterra é o máis paradigmático. O que debería ser a Oficina de Turismo máis importante da Costa da Morte, o punto de entrada, despois de anos de nula xestión (aínda está nas mans da moribunda Neria, leva pechado xa dende antes do nadal de 2016, a pesar das intentonas municipais.

O proxecto de reabrir o Faro Touriñán segue esquecido nalgún caixón administativo…

Casos singulares danse noutras zonas, como en Lariño onde os veciños mantiveron unha forte campaña pola apertura do faro da Insua, que segue sen resultados.

É tan complicado poñer en común ás administracións involucradas? Por que a Autoridade Portuaria, Costas, os concellos, as entidades supramunicipais como o CMAT (esquecendo dunha vez a Neria) non se pode poñer dacordo?

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios