As redeiras, pioneiras en materia de prevención
Son unhas das redeiras máis activas de todo o litoral galego e por iso a Xunta, cando fai algunha actividade para o sector, pensa nelas. A Federación de Redeiras O Peirao (que ten 7 asociación federadas en toda Galicia, entre elas as de Corme e Malpica) recibía esta semana unha visita institucional, e se fixo no local das redeiras O Fieital Malpica. A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, acodía á vila bergantiñá para presentar a guía de boas prácticas en prevención de riscos laborais específica para as redeiras, que elaborou o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA).
Unha guía que nace co obxectivo de mellorar a saúde deste sector formado nun 99% por mulleres, un colectivo prioritario nas políticas activas de emprego da Xunta.
A responsable de Emprego fixo fincapé en que a prevención de riscos laborais ten que ser “unha actuación de todos” e lembrou que a Xunta está impulsando este eido a través da Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo 2017-2020.
A guía desenvolveuse a partir dun estudo médico epidemiolóxico realizado a 112 redeiras das provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra. Agora difundiranse máis de 100 exemplares que a Federación Galega de Redeiras distribuirá entre as asociacións federadas.
As redeiras de Malpica recibiron visita institucionalNovas sobre as redeiras
- Calafateando: Redeiras, invisibles pero imprescindibles.
- Maio 2017: As Redeiras de Corme, artistas en Cee.
- Abril 2017: As Redeiras do Peirao entregan a Medalla de Ouro ao Mérito no Traballo ao Museo do Pobo Galego.
- Outubro 2016: Un aseo, unha necesidade básica cuberta para as redeiras de Malpica.
- Abril 2016: As redeiras de Corme e Malpica especialízanse no interiorismo.
- Novembro 2016: As redeiras de Malpica xa tecen na rede.