Augas licita a redacción do proxecto que completará a rede de saneamento de Cee-Corcubión


Anos e anos leva esquecido o saneamento da ría de Corcubión, e parece que a Xunta dá un paso adiante para intentar solventar un dos graves problemas medioambientais da comarca.
Falabamos ademais hai pouco dos grandes problemas cos que se atopan os técnicos na Estación de Depuradoras de Cee. Focalizando na gravidade das toallitas que se tiran polos váteres, dábannos tamén outros asuntos mellorables, como a conexión de todas as casas da zona, o estado da rede de sumidoiros ou a necesidade de separar pluviais de residuais.
Onte precisante a Xunta publicaba un anuncio no Diario Oficial de Galicia a través do cal Augas de Galicia licita a redacción do proxecto que permitirá completar a rede de saneamento e mellorar a situación das augas da Ría de Cee-Corcubión.
O proxecto deberá definir as obras concretas das actuacións que se considera necesario a realizar, a partir das alternativas contempladas neste Plan de Saneamento Local da ría de Cee-Corcubión para estes dous concellos que comparten sistema de saneamento e depuración. O importe do contrato ascende a case 140.000 euros.
Especificamente o proxecto que se pretende redactar quere “definir a nivel construtivo a mellora do colector interceptor de Cee, determinando a necesidade de completar a rede con infraestruturas de acumulación en tempo de choiva para compatibilizar o seu funcionamento co da EDAR existente. Incluirase tamén a definición de actuacións nos bombeos secundarios da rede que na actualidade presentan un funcionamento anómalo. Ademais deste proxecto contrátase un estudo de viabilidade e alternativas para a mellorar a EDAR existente”.
Este contrato está financiado ao 80% con fondos do Programa Operativo Europeo FEDER.
Novas relacionadas
- “As toallitas que se tiran polo váter é un dos grandes problemas das depuradoras”.
- Outubro 2017: O BNG insta á Xunta a que inclúa nos orzamentos o saneamento da ría de Corcubión.
- Maio 2017: A contaminación da ría de Corcubión volve ao Parlamento Europeo
- Abril 2014: O saneamento da ría de Corcubión centrou a visita costeira de Ana Miranda:
- Febreiro 2013: O BNG esixe o saneamento integral da ría de Corcubión.
Novas relacionadas
- Os actores involucrados debatiron sobre o saneamento e contaminación orgánica do mar ante unha gran expectación.
- Manuel Soto: “Aínda hai moitos vertidos que non se tratan”.
- I Encontro do Lixo Mariño: “Antes os bichos raros eramos os que non tirábamos lixo ao mar. Agora os bichos raros son os que contaminan”.
Outras realidades
- A praia de Estorde, de Bandeira Azul e balsa de lixo.
- O Pindo sae á rúa esixindo unha solución ao saneamento
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).