Corme prepárase para a Quedada de pesca de Fondo e Spinning


”Esperamos chegar a medio centenar de persoas de toda provincia”. Así de optismista amósase Emilio Cambre, da tenda A Bordo de Ponteceso, e un dos responsables da Asociación Deportiva de Pesca Marítima de Corme de cara á II Quedada de Pesca de Fondo e Spinning que se vai celebrar o vindeiro domingo 12 de novembro na costa cormelá.
”O ano pasado foi a primeira e fixemos só de fondo, e foi en verán, e chegamos a ser 35. Era en verán ademais, e con tanta festa había menos xente. Pero xa nos levan preguntando uns meses polo campionato, pero estivemos esperando ao inverno, pois o mar está máis batido, non hai tanta alga, o peixe come mellor e seguro que vai haber máis capturas”, explica Emilio. “Esperamos que sexa un día que se adapte aos dous tipos de pesca”.
Ademais, a contorna así o permite. Serán varios km de costa, cun sendeiro fantástico para transitar gracias ao Camiño dos Faros, polo que poderase percorrer todo o que é o Cabo Roncudo, dende o porto de Corme ata a Punta Eiras.
Premiaranse as tres mellores captruas de cada categoría, e esperan que sexa boas pezas. “A partir de 4 kilos xa son pezas bonitas, pero eu lembro que o pasado ano, o martes 13 de decembro, nesta mesma zona, collín unha lubina de 8,350km”, sinala optimista Emilio. En Spinning tentarán lubinas, mentres que de fondo entran sargos, maragotas, pintos e se cadra algunha lubina tamén”.
A xornada completarase cunha comida no Restaurante Miramar, en Corme, (o que queira levar a xente, pode), e coa entrega de premios ás 3 pezas máis grandes da categoría. Ademais vai haber sorteo de material, e estiman que todos os participantes poidan levar un detalle, gracias aos patrocinadores. QPC colabora ademais coa quedada en clave de promoción.
Cómpre apuntar que o club de pesca da Asociación Deportiva de Pesca Marítima de Corme leva facendo cousas dende 1988, con numerosas actividades como cursos para nenos. Estes anos, centran a súa actividade nestas quedadas.
Novas relacionadas
- Setembro 17: O corcubionés Iván Costa sobe ao podio na Copa Sub-23 do Campionato de España de pesca submarina.
- Maio 17: O Campionato de Surfcasting feminino coloca Laxe no panorama da pesca deportiva estatal:
- “O Xallas é un dos mellores coutos de pesca de Europa”.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).