Martes. 16.04.2024
El tiempo

Un día pódeche cambiar a vida: RedBull para cos percebeiros de Corme

Un día pódeche cambiar a vida: RedBull para cos percebeiros de Corme
documental de RedBull sobre os Percebeiros de Corme Pincha na imaxe para ver o documental de RedBull sobre os Percebeiros de Corme

45 minutos verdadeira espectaculares os que vén de publicar RedBull. 45 minutos de mar, de auténtico mar. Xa o sufriron o completo equipo de gravación, cun equipazo de drons, cámaras... para o que posiblemente foi o "shooting" máis perigoso que tiveron. A marca inclúe a vida e o traballo de dous percebeiros de Corme na súa liña “Breaking the Day”, facendo referencia a que “Un día pódeche cambiar a vida”.

E tanto que un día lle pode cambiar a vida aos irmáns Roberto e Germán Vidal Pombo. Como aquel día que o seu pai, home de mar, rachou a man e obrigou aos maior dos irmáns, Roberto, a comezar a traballar.

Unha verdadeira pasada ver como Roberto afía o raño e marcha para o mar, para ese mar bravo da Costa da Morte que tantas vidas leva tragado.

Cando marcha, o último que escoita é ese “Andande con coidado. Mirade pao mar” do pai. O primeiro que fai ao voltar é chamar á nai. "Xa cheghamos. Todo ben".

Quen sabe se Yago, o pequeno herdeiro, vai seguir a liña salgada familiar, vai ser militar, vai ter que coller a maleta e marchar, ou atopar outro xeito de vivir en Corme. Man co mar xa ten o pequeno!

 

Novas relacionadas

Artigos sobre percebeiros

Fonte

Comentarios