Hoxe, a península de Touriñán adéntrase un pouco máis limpa no mar
E todo gracias ao compromiso dos voluntarios de Mar de Fábula, que unha vez máis demostran que a sociedade si pode facer cousas por coidar o noso entorno. Despois das bravas expedicións para recuperar o lixo recollido en Punta Caghada, desta volta tocaba volver por terceira vez ao Coído de Touriñán, este máxico e afastado lugar que é un foco de atracción de lixo mariño invernal, e que pedía auxilio.
”Esta cita anual estase convertendo nunha foto fixa da cara escura da sociedade actual. Tanto máis dramática a foto canto máis fermoso o lugar”, entende Xosé Manuel Barros, que valora que “só o progresivo aumento na resposta cidadán ao chamamento de Mar de Fábula, fainos abrigar esperanzas e infúndenos forza”.
Traballaron arreo durante hora e media os 28 adultos e os 2 nenos, para recoller 48 sacos grandes, de 100 e 60 litros, cheos de botellas de plástico, envases, anacos de plástico de todas as orixes, espumas de poliuretano e porexpan en milleiros de anacos… Un bon lote de granel de caixas, cabos e, no capítulo de barbaridades, un frente metálico dunha cociña industrial…. É incrible o que pode acumular nun inverno un lugar coma este. O todoterreo do concello co seu remolque, veu puntual ás 14:30 horas e levou os sacos co lixo plástico ao punto limpo para o seu debido tratamento.
Durante o picnic, deuse lectura a unha mensaxe do historiador naval e compañeiro Fernando Patricio, solidarizándose connosco, disculpando non poder ter asistido e agasallándonos cunha sabrosa anécdota dun naufraxio nesta costa.
Despois de repoñer forzas, no intercambio de opinións, tiramos todos a mesma conclusión: Ou se coida o medio ambiente e deixamos de contaminar o mar, ou se traballa forte nos mecanismos de prevención mediante un proceso de concienciación da sociedade, asumindo as institucións as súas responsabilidades, ou dentro de vinte anos seguiremos compoñendo a mesma foto fixa das botellas de plástico voando, coma paxaros de pet polo monte arriba, no Coído de Touriñán.
Non quedou aí a cousa, pois pola tarde, dez dos participantes desplazáronse ao coído de Moreira, na cara norte do cabo, para continuar a tarefa baixo un forte nordés. Aquí a colleita foi de 10 sacos grandes cheos de botellas de plástico.
Gracias bravos voluntarios de Mar de Fábula.
Novas relacionadas
- Salvamento de lixo en Punta Caghada:
- “Se depositamos os bastonciños nunha papeleira, evitamos que chegue ao mar un dos dez primeiros contaminantes”
- Pequenos cambios, grandes resultados.
- Baldaio preparase para recibir aos voluntarios ambientais de Mar de Fábula
- Mar de Fábula e RetoqueRetro expoñen no CEIDA a mostra “Cos Pés na Area”
- Mar de Fábula continúa co traballo de limpeza de praias
- A ensenada do Coído de Touriñan relucirá de novo, agora si, grazas a Mar de Fábula
- As criaturas caóticas de Mar de Fábula chegan á praia de Ariño
- Mar de Fábula falará co mar nos coídos do Touriñán
- Mar de Fábula recolle 560 bastonciños de algodón en cen metros de praia
- Mar de Fábula mobiliza ao voluntariado para limpar a praia do Lago
- O impacto ambiental dos bastóns de algodón
- Mar de Fábula e as mariscadoras recuperan a enseada da Basa
- Os voluntarios de Mar de Fábula curan a ferida plástica do Coído de Touriñán
- Mar de Fábula prantexa unha limpeza ecolóxica para recuperar a dignidade do Coído de Touriñán
- Unha fábula moi ecolóxica.
- A Costa móllase polas súas praias.
- A veciñanza salva os areais.
- Limpeza Simultánea 2013: Limpando praias e conciencias.
- Plásticos que invanden areais.
- Loitando contra a invasión do plástico.
- Crebas en forma de tartaruga e chapapote en Fisterra.
- Redacción QPC ([email protected])
- Mar de Fábula