Localizan un cadáver a 19 millas das Illas Sisargas
23:35 03/07/18
O Helimer 401
Salvamento Marítimo recuperou esta tarde de martes 3 de xullo, un cadáver avistado polo buque gasero Epic BOracay a 19 millas das Illas Sisargas. O Helimer 401 recuperou o corpo e o trasladou ata o aeroporto de Alvedro, onde a Garda Civil se fixo cargo.
As primeiras pesquisas sinalan que o cadáver pode pertencer ao alemán que desaparecía a bordo do seu veleiro o pasado 23 de xuño, xunto á súa parella, que si puido ser rescatada a tempo polo Helimer.
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/a-neboa-dificulta-a-busqueda-dun-dos-tripulantes-do-veleiro-afundido-proximo-as-sisargas/