Martes. 30.04.2024
El tiempo

"Non piques, non peques", a app que axuda a identificar o peixe e o marisco

"Non piques, non peques", a app que axuda a identificar o peixe e o marisco
Información sobre as vedas, os talles mínimos e o período óptimo de consumo das principais especies da pesca e do marisqueo que se comercializan en Galicia son os datos que aparecen na aplicación móbil Non piques, non peques; unha ferramenta que acaba de poñer en marcha a consellería do Mar.  A Xunta impulsa esta iniciativa coincidindo coa época das vacacións de Semana Santa e co obxectivo de difundila e dala a coñecer entre a cidadanía en xeral e especialmente entre os turistas que visitarán Galicia no período vacacional. Esta aplicación ofrece á cidadanía información sobre as mellores épocas para comprar e consumir peixe e marisco capturados na comunidade ao tempo que axuda a identificar de xeito sinxelo, visual e ameno as distintas especies e a coñecer cales están en veda. Ademais contén información sobre os tamaños mínimos legais para o seu consumo. Está composta por 53 fichas individuais das principais especies da pesca e o marisqueo en Galicia e funciona como unha guía sinxela que unha vez descargada se pode consultar sen ter conexión a internet. A descarga da APP é moi sinxela e totalmente gratuíta. Tan só hai que premer na tenda correspondente en cada dispositivo móbil - Play Store, no caso dos sistemas Android, na App Store, no caso de iOS e na Microsoft Store en Windows Phone -, teclear Non piques, non peques e iniciar a descarga. Esta aplicación naceu en orixe para ofrecer información esencialmente sobre as vedas e talles mínimos das especies da pesca e do marisqueo, pero a intención é ampliala con especies procedentes da acuicultura coma o mexillón. De feito, co obxectivo de que a cidadanía se involucre no seu desenvolvemento, aos usuarios teñen á súa disposición un correo electrónico ([email protected]) para que fagan chegar as súas propostas con suxestións de mellora e ampliación de información e especies que poidan considerar útiles. A aplicación, lanzada en galego e castelán, tamén recollerá a información en inglés nas próximas actualizacións que se fagan. Fonte

Comentarios