Martes. 15.10.2024
El tiempo

O eterno peche do Museo da Pesca de Fisterra

O eterno peche do Museo da Pesca de Fisterra
Porta pechada do Castelo de San Carlos A Porta do Castelo de San Carlos segue pechada

Seguimos deixando esmorecer o valioso patrimonio da Costa da Morte. Desta volta toca achegarse por Fisterra, onde o Museo da Pesca do Castelo de San Carlos segue ca porta pechada. Canso está de loitar o bo de Alexandre Nerium, ese poeta que representa o mellor guía que poida ter un museo calquera. Sabedoría, experiencia, arte, gañas, sentimento… Pon todo o necesario para convertir cada visita a este imprescindible museo sexa inesquecible.

Pero se xa en 2014 tiña problemas de electricidade, dende Semana Santa, e como comprobou o o poeta maltés Stephen Cachia, ten as portas pechadas.

Alexandre Nerium no Museo da Pesca de Fisterra Alexandre Nerium no Museo da Pesca de Fisterra

Alexandre Nerium segue esperando a chamada da Asociación Neria, que ten a concesión outorgada pola Confraría de Pescadores. "Vai pasando o verán e non hai novas, e a xente de todo o mundo quere velo, e queda moi entranada. A xente non entende por que non está aberto e mesmo queren ir falar directamente co Concello para denunciar o peche", apunta o propio poeta, que leva 10 anos no Museo, e últimos 3 aguantando sen axuda algunha para recibir case 10.000 visitas ao ano. "Eu non podo abrir sen o seu permiso, só abro cando teño excursións programadas de escolares, por exemplo". Ademais de facer as visitas, Alexandre tamén coida o xardín, ocúpase de cobrar, do mantemento, da limpeza…

"Ésto é unha loita continua. É un proxecto interesantísimo, a xente pásao ben, e saé contentísimo, pero faltan cartos, falta xestión", apunta un afectado Alexandre. "Espero que o abran pronto, que cheguen a un acordo, porque se pasa un inverno enteiro pechado, morre seguro. E sería unha verdadeira mágoa porque creo que ten moitísimo futuro como punto fundamental de cara ao turismo e á transmisión do mundo da pesca para todo o mundo".

De concesión a concesión

Precisamente o Concello pretende que Neria renuncie á cesión, para asumir o control, e mantelo vivo sempre da man de Alexandre Nerium. Pero a relación con Neria cada día están máis frías, e non hai comunicación entre ambas entidades. "Haberá que falar co Patrón Maior para ver se hai algunha cláusula que poida anular esa concesión se o museo se mantén pechado", sinalan o teniente alcalde fisterrán Kuka Sar.

A Neria, en quebra dende 2014 e xa sen o apoio de moitos concellos da zona, non ten medios económicos para o mantemento do edificio.

Abandono doutros espazos emblemáticos

Parece que a Deputación intentará reflotar o Museo Seo de Corcubión, despois de anos de abandono por parte da Asociación Neria. Outro tesouro marítimo de incalculable valor que esmorece sen piedade polo paso do tempo.

E que dicir do Faro Fisterra, a gran porta de entrada da Costa da Morte, que debería ser o punto de partida, non só o fin do camiño, para todo visitante. No canto dun gran posto de información turística, o Faro, tamén xestionado pola Neria a través dunha concesión da Autoridade Portuaria (o Concello estaría disposto a asumila concesión se a Neria renuncia ou se a Autoridade Portuaria retira a concesión actual), está aberto só a tempo parcial, cunha persoa que non é guía turística nin sabe idiomas, vendendo os catálogos informativos que regala a Deputación, e sen medios ningúns para dar unha boa información e unha boa imaxe ao turista. Así como queremos que fiquen na Costa da Morte?

 

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios