Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O lixo mariño desaparece da zona marisqueira da Basa

O lixo mariño desaparece da zona marisqueira da Basa
ensenada-basa Mar de Fábula organizou a terceira xornada de limpeza na ensenada da Basa que se levou a cabo o pasado sábado 82 participantes e 132 sacos son os principais datos da terceira xornada de limpeza na zona marisqueira da Basa, en Camariñas, organizada por Mar de Fábula. O sol tamén foi o protagonista da mañá do pasado sábado, día no que se levou a cabo a limpeza. O cal axudou a que os resultados fosen os mellores posibles. Entre os partipantes atopábanse 15 mariscadoras xunto coa súa presidenta e patroa maior e unha ducia de voluntarios entre os que se atopaban o alcalde de Camariñas e unha parte da súa equipa de goberno. "A mensaxe de responsabilidade e coherencia que a Agrupación de Mariscadoras de Camariñas está a lanzar á sociedade vai tendo cada vez máis eco", sinalan dende Mar de Fábula que, neste caso chegou á capital de Galicia. Na limpeza do sábado tamén colaboraron alumnos e alumnas do colexio San José de Cluny de Santiago de Compostela , con 55 expedicionarios entre nenos de diferentes edades, familiares e profesores, e tamén coa súa directora ao frente. Foron dúas horas recollendo plásticos grandes e pequenos, indo incluso ao detalle do miudo, en 6 zonas de acceso á contorna do banco marisqueiro, aproximadamente 2.000 metros ao longo da Enseada da Basa. voluntarios-mar-fabula Na limpeza da ensenada da Basa participaron 82 voluntarios e voluntarias O resultado foron 132 sacos de 60 litros, cheos de refugallo plástico máis varios m3 de granel. Todo quedou ben estibado, en 3 depósitos na ribeira, á espera dos servicios loxísticos do concello de Camariñas para o seu traslado aos contenedores de Arou. Alí o lixo será separado e clasificado para a súa reutilización directa, artística e artesanal, reciclaxe industrial e, por último, a fracción máis degradada, á súa eliminación segura. Ao remate do traballo, mentras os participantes repuxeron forzas nun ágape fraternal, tiveron a portunidade de intercambiar impresións e fixar unha estratexia de futura colaboración entre o colexio San José de Cluny e Mar de Fábula. Pola tarde, o concello organizou para os voluntarios de Cluny dúas actividades de turismo cultural: Unha visita guiada ao faro do Cabo Vilán e unha viaxe de inmersión emocional ao Mundo de Man, en Camelle. Púxose fin así a unha xornada emotiva, de confluencia de ideas, de fonda empatía, de proxectos a compartir para o coidado e conservación da nos Casa Común.

Artigos de Xosé Manuel Barros

Novas relacionadas

Fonte 

Comentarios