Domingo. 17.11.2019
El tiempo

O mar cóbrase outra vida nun novo afundimento dun barco en Malpica

O mar cóbrase outra vida nun novo afundimento dun barco en Malpica
O Silvosa afundindo en Malpica-Foto-GaliciaxDiante O Silvosa afundindo no porto de Malpica-Foto-GaliciaxDiante O barco o Silvosa Este é o Silvosa

Aínda convulsa pola traxedia do Sin Querer Dos a Costa da Morte érguese hoxe de novo de luto.

O Silvosa volcaba esta madrugada cando saía a faenar arredor das 4:30h da madrugada. Unhas corrientes xeradas na entrada da dársena provocabana que o barco envorcase e afundise aínda no porto malpicán. Tres mariñeiros puideron saltar e foron rescatados, pero o patrón, veciño de Seaia, debeu quedar atrapado no aparello e non puido salvarse.

Un particular alertaba ao 112, que mobilizaba unha embarcación de Salvamento Marítimo, o 061-Urxencias Sanitarias, a Garda Civil, os efectivos de Protección Civil, así como, ao Servizo de Garda Costas e Portos de Galicia. O Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) tamén foi alertado por si fose precisa a súa intervención.

Nada mais chegar ao punto, os profesionais sanitarios trataron de reanimar á vítima pero nada puideron facer por salvárllela vida.

Nestes intres, os servizos de emerxencias tratan de remolcar a embarcación sinistrada.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/3-falecidos-e-un-desaparecido-nun-naufraxio-nos-baixos-meixidos/

Comentarios