Venres. 26.04.2024
El tiempo

O patrón maior de Corcubión menospreza á Gran Reserva Mariña

O patrón maior de Corcubión menospreza á Gran Reserva Mariña
Barcos de baixura amarrados no porto de Corcubión Barcos de baixura amarrados no porto de Corcubión

Non tardaron en chegar as posicións encontradas dende o propio sector, sobre o proxecto da Gran Reserva Mariña da Costa da Morte. Co practicamente toda a baixura costeira a favor, estes días o patrón maior de Corcubión (por un erro entendimos que tamén o de Fisterra, pero corroboramos que a Confaría de Fisterra apoia a creación da Reserva) manifesta a súa postura en contra da proposta, para coxestionar entre o propio sector e as administracións unha ampla zona entre Portosín e Fisterra.

Curiosa antóxase a posición de José Domínguez Buiturón, despois de liderar un ano de protestas da pesca de baixura. A priori, parece que casan perfectamente as premisas dunha Gran Reserva Mariña coas esixencias desas protestas da baixura ante a escaseza de recursos.

Así e todo, o patrón corcubionés considera que a única medida necesaria é alonxas 12 millas todas as artes do arrastre. Non entra a valorar as necesarias medidas de control de cupos e vedas que propoñen o resto de pósitos da zona, e denuncian que “só unhas cantas organizacións se beneficiarían das cantidades de diñeiro que vai destinar a tal fin a UE”. Buiturón lembra os “3 millóns de euros gastados na Reserva Mariña dos Miñarzos, onde non se viron os froitos”, pero esquece que precisamente a falta de vixilancia contra o furtivismo e contra o mantemento dos cupos é unha das causas do relativo fracaso da pequena reserva carnotá, que aínda así foi exemplo pioneiro mundial de pesca sustentable.

En todo caso, Buiturón centra o problema na escaseza de recursos, e valora a posta francesa por prohibir a pesca de arrastre (os “verdadeiros destrutores do mar”) en augas nacionais e internacionais. Pide “protexer o mar no seu conxunto, porque se vai poñer un dique ao remate desa Reserva, e polo tanto non vai servir de nada ter unhas cantas hectáreas de mar cando, a 100 metros, se están destruíndo os fondos mariños e arrasando sen discriminación de tamaño nin de vedas”.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios