Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Serpent: Unha homenaxe singular nun espazo singular

O Serpent: Unha homenaxe singular nun espazo singular
Juan Campos, Rafael Lema, Manuel Valeria Alonso e Sergio Caamaño na Homenaxe ao Serpent Juan Campos, Rafael Lema, Manuel Valeria Alonso e Sergio Caamaño na Homenaxe ao Serpent

Non cansa falar desta historia. Unha desas historias que serve para explicar de onde vimos. O naufraxio do HMS Serpent un 10 de novembro de 1809 na Punta do Boi, quedará para sempre nas nosas escrituras w nos corazóns dos que cada ano, dende 2007, convocan esta emotiva homenaxe no singular espazo do Cemiterio dos Ingleses, a capital do necroturismo da Costa da Morte, e o lugar onde repousan os corpos dos náufragos do crucero torpedero da Royal Navy, ademais das vítimas doutros dous sinistros, dous mercantes ingleses, o Iris Hull (1883) e o Trinacria (1893).

Alí, ás 22:00h da pasada noite do 10 de novembro de 2016, coincidindo exactamente co 126 aniversario do afundimento (quedan para a lembranza os actos do 125 aniversario), a Real Liga Naval Española realizaba un sentido acto. Facía frío e o mar estaba moi picado, pero non chovíu o que permitiu que se celebrase con normalidade. Medio centenar de persoas (a falta das mulleres do Coro camariñán notouse) puideron emocionarse co teatro, a música e emotividade dos discursos.

homenaxe-ao-serpent-no-cemiterio-dos-ingleses-2016-2

Despois da Ofrenda Floral, falou o alcalde Manuel Valeriano Alonso “Pichirri”, que prometeu que para o ano quería contar cos organizadores da batalla de Elviña, os “Royal Green Jackets”, para traer un cañón e facer así un expectáculo máis completo. O delegado da RLNE na Costa da Morte Rafael Lema destacou a presencia do pioneiro Juan Campos Calvo-Sotelo, o gran culpable de sembrar os cimentos desta homenaxe dende os seus inicios, e valorou o feito de “seguirmos mantendo a tradición destacando aquela noite”. Ademais leu unha carta que enviou o embaixador británico, na que agradece a labor dos organizadores deste acto por manter a memoria dos náufragos e polo mantemento do Cemiterio.

Precisamente sobre a singularidade, recoñecida internacionalmente, do Cemiterio dos Ingleses, falou Juan Campos, lembrando que este é o único cemiterio do mundo dedicado a un barco. Campos recordou por que comezou aló en 2007 con esta homenaxe e as dificultades para darlle a repercusión que ten hoxe en día.

De seguido, Dequenquén Teatro reviviu varias “Historias Mariñeiras da Costa da Morte”, con dúas pezas novas estreadas para a ocasión e unha representanción do ano pasado con persoeiros daqueles episodios. Ademais, cantaron tamén a canción do Serpent, que fixo José Luís Blanco, que cantaban sempre as bravas do Coro de Mulleres de Camariñas e que o ano pasado protagonizou Andrea de Camelle.

dequenquen-teatro-na-homenaxe-ao-serpent-no-cemiterio-dos-ingleses-2016-2 dequenquen-teatro-na-homenaxe-ao-serpent-no-cemiterio-dos-ingleses-2016 dequenquen-teatro-na-homenaxe-ao-serpent-no-cemiterio-dos-ingleses-2016-3  

Artigos relacionados

Comentarios