Os pescadores da Costa da Morte volven botar redes en El Salvador


Intensa, emocionante e moi satisfactoria a unión de pescadores artesanais da Costa da Morte con homólogos de El Salvador.
José Martínez, pescador artesanal; Francisca Soriano, xerente dunha cooperativa pesqueira, e Mauricio Orellana, coordinador do proxecto de Cooperación que ACPP Galicia e Agareso levan a cabo en El Salvador visitaron Galicia o pasado mes de outubro gracias a un intercambio de experiencias financiado pola Xunta de Galicia. Neste intercambio de experiencia coñeceron a Asociación de Armadores e Artes Menores (Asoar-Armega) e gracias a solidariedade dos seus integrantes, recibiron a finais do 2015 un lote de redes artesanais para poder seguir pescando e coidando do seu entorno natural.
José Martínez destacou a boa sintonía que tivo cos pescadores da Costa da Morte e a gran cantidade de novas ideas que levou apuntadas na súa libreta para poder aplicar en El Salvador. “En Galicia lévannos moita vantaxe en canto organización e comercialización, pero no fondo os problemas dos mariñeiros seguen sendo parecidos, así que cremos que nestes intercambios apréndense grandes cousas", comentou ao recibir as redes.
Neste encontro compartiron experiencias, falaron das súas problemáticas e necesidades, e tiveron a oportunidade de coñecer como mozas e mozos da zona colaboran de forma voluntaria en manter limpas as súas praias e o seu mar.
Estas redes serán entregadas aos pescadores da cooperativa que non dispoñan delas ou que as teñan en mal estado, xa que mercar redes en El Salvador é tres veces máis caro que en Galicia debido ao monopolio na distribución.

ACPP
Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP Galicia) leva traballando en El Salvador máis de 7 anos en proxectos de desenvolvemento, apostando porque as persoas e comunidades desprazadas nos anos 90 polo conflito armado interno que viviu o país poidan ser protagonistas do seu propio desenvolvemento sostible, protexer o seu entorno e ter medios de produción e comunicación propios.
Novas relacionadas
- 2015: Pescadores de El Salvador compartirán experiencias ca pesca artesanal costeira/a>.
- 2015: ADEGA outorga o Premio Osíxeno 2014 ao presidente da Asoar-Armega.
- 2012: O mar achega á Costa da Morte con El Salvador.
Fonte
- Asemblea de Cooperación pola Paz.