Os vertidos enrarecen o clima social do Pindo

12:25 05/04/18

O eterno retraso da entrega do colector
Segundo nos conta, o alcalde Moncho Noceda falou a semana pasada co responsable da obra, que lle trasladou que durante a primeira quincena de abril a empresa López Cao vai facer entrega da obra a Augas de Galicia (despois de ilo anunciando para outubro, novembro, xaneiro…). A partir de aí, Augas terá que entregalo ao Concello, que terá que facer as súas comprobacións, e terá que conectala con 6 novos tramos de saneamento. “Para o verán debería estar funcionando, se estes apuran, claro”, sinala Noceda. Un Noceda que quere deixar claro que “eu lamento moito as molestias que se lle están causando aos veciños, pero cando hai a Xustiza polo medio creo que hai que facer as cousas”. Mentres, a merda de 500 casas do Pindo seguirá saíndo embaixo, no río do Lugar, embaixo da praza da Solaina, e directamente a unha das praias máis fermosas da zona.Novas relacionadas
- 24-03-18: O PSdG achegouse ao Pindo para comprobar os problemas do saneamento.
- Marzo 18: A Xunta segue retrasando, mes a mes, a entrega da obra de saneamento do Pindo.
- Decembro 17: O Pindo sae á rúa esixindo unha solución ao saneamento.
- Novembro 19: O Pindo segue pendente do saneamento e da reconstrución dun mallado paseo marítimo.
- Outubro 17: Unha analítica demostra a necesidade de solucionar o saneamento do Pindo.
- Setembro 17: Co cú ao aire fronte a falta de saneamento no Pindo.
- Setembro 17: O Pindo mobilízase contra os cheiros.
Outras novas
- “As toallitas que se tiran polo váter é un dos grandes problemas das depuradoras”.
- Os actores involucrados debatiron sobre o saneamento e contaminación orgánica do mar ante unha gran expectación.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).