Reforzan o abrigo das embarcacións en Portocubelo


Visita institucional ao porto de Lira para anunciar o investimento de máis de 58.000 euros na mellora do peirao de Portocubelo. O Presidente de Portos de Galicia acodía a Carnota para comprobar o avance dos traballos en execución. Unhas obras que consistirán no reforzo da escollera existente mediante a colocación de novos bloques de entre 5 e 10 toneladas de peso conformados en talud sobre o manto da escollera actual. Ademais é necesario o pavimentado interior en formigón de 300 metros plataforma afectada, previa demolición das placas actuais deterioradas.
Esta actuación, cun prazo de execución de 4 meses, virá reforzar a infraestrutura de abrigo das embarcacións de Portocubelo, que se viu afectada polos efectos dos distintos temporais nos últimos anos. A zona máis afectada foi a do costado exterior do dique no seu tramo central e morro.
Novas relacionadas
- Convocados 6 novos permisos de marisqueo a pé no Pindo e Lira.
- O furtivismo, a regulación da mexilla e a axilidade das subvencións, os problemas máis importantes das confrarías de Carnota.
- Carmen, a mariscadora de Quilmas.
- Calafateando: Diario dunha mariscadora.
- As mariscadoras salvan o seu mar da Basa.
Fonte
- Xunta.