Sábado. 04.12.2021
El tiempo

Rescatada unha nova Nuncamaisiña en Muxía

Rescatada unha nova Nuncamaisiña en Muxía
O león mariño rescatado en Muxía por Protección Civil Emotivo recordo o que fixeron os responsables do CEMMA (Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños) a chegar a Muxía. Hai 15 anos achegabanse á zona 0 do Prestige para rescatar un pequeno león mariño cincento feito unha croqueta de chapapote. A pesar de que a limparon con mimo despois de rescatala da praia de Arnela, aquela Nuncamaisiña, como lle chamaran, non puido sobrevivir. O CEMMA recordou á Nuncamaisiña O CEMMA recordou á Nuncamaisiña   A que si esperan que sobreviva é o novo lobo mariño (unha cría) que varaba onte, sábado 17 de febreiro, arrepor das 19:00, na zona do peirao muxián. Os membros de Protección Civil acodían a salvala e, despois de rescatala, automaticamente deuse constancia ao CIAE112, que avisou aos membros do CEMMA. Chegaban arredor das 22:30h e levaron á cría á Unidade de Coidados Intensivos-UCI de Nigrán en bo estado. O Equipo Veterinario da Rede de Varamentos de Galicia xa están aplicando un tratamento para que o león se recupere dunhas abrasións nas aletas frontais, sendo o seu estado xeral bo. O CEMMA levando o león mariño de Muxía- Foto: Prot. Civil

comentarios