Martes. 16.04.2024
El tiempo

Rescatan heroicamente un home nas augas de Mar de Fóra

Rescatan heroicamente un home nas augas de Mar de Fóra
praia mar de fóra, fisterra, finisterre, galicia, playa A praia de Mar de Fóra, como a do Rostro, soe vivir episodios desgraciados-Foto-Marcos Rodríguez

Xa viña en camiño o Helicóptero de Salvamento, pero ao non termos unha base eficiente, este tardaba demasiado. Un home lanzábase á auga en Mar de Fóra e a forte oleaxe non lle deixaba volver a terra. Durante máis de 40 minutos, as ondas achegábano e devolvíano para o medio do mar, ata que nunha destas, o membro de Protección Civil, Pablo Casais, e o Policía Local Manolo Lagoa, lanzáronse por el, agarrárono e salváronlle a vida.

Puido dar a volta o helicóptero antes de asomarse pola volta, unha vez que se cercioraron que o cidadán holandés atopábase en boas condicións.

Outro exemplo máis do perigo do noso mar ante a inconsciencia e ignorancia dos visitantes, e da bravura das nosas forzas da orde. Mágoa que en AXEGA non recoñezan o traballo dos membros das forzas de seguridade e sinalen que "finalmente, o peregrino, ileso, conseguiu saír da auga polos seus propios medios".

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios