Surfistas, membros do GES e do CEMMA liberan un golfiño que quedara varado na praia de Louro
14:56 23/06/18
Varios surfistas descubriron o golfiño varado en Louro
Momentos de tensión, e de alegría os que se viviron na mañá do pasado venres na praia de Area Maior de Louro. Varios surfistas descubrían que un golfiño quedaba varado na area trala baixada brusca da marea. Intentárono liberar, pero precisaron da chegada dos membros do GES de Muros e do CEMMA (Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños), que tras varios empurróns, conseguiron que volvese a proseguir a súa viaxe.
Membros do GES de Muros e do CEMMA conseguiron devolvelo ao mar