Unha analítica das augas residuais do Pindo demostran a necesidade de acometer o novo saneamento

15:24 10/10/17

8 anos esperando polo novo saneamento
A situación é clara. É palpable que a rede de saneamento carnotá está vella. E por iso a Xunta decidiu facer un colector xeral novo, que recolle dende o Ézaro e conecta coa depuradora de Carnota, situada en Panchés, e que funciona perfectamente. O caso é que ese colector leva 8 anos en obras e non dan acabado. Con varias empresas declaradas en quebra, a Xunta non consegue acabar o colector, mentres o Concello si que ten preparados as novas tuberías para conectalas ao novo colector. Pero mentres non estea activo, o vello saneamento é o que está asumindo toda a carga. O que ten a Xunta é recoller a depuradora. Nós só imos recoller o saneamento se funciona.
Apoio municipal
Parece que todos os grupos municipais están implicados na loita. Quino Pais escribiu un escrito que foi lido polo voceiro do PSOE Suso Campos, e que foi aprobado por todos os grupos municipais. Un escrito no que denuncia a situación que arrastra a vila dende hai 20 anos nos que as casas levan vertindo directamente as augas residuais no regato do lugar. Pais lamenta que o pobo do Pindo siga pagando un canon de saneamento cando este non existe, e por iso pide ao Concello que se dirixa a Zunta para solucionar este grave “problema medioambiental, sanitario e ecolóxico”.Reunión con Augas
Este mércores 11 o alcalde Ramón Noceda ten reunión co Augas de Galicia. Unha cita á que irá escoltado por varios veciños cargados de sinaturas. “Imos reunirnos coa Xunta e imos cos veciños, para apuralos, a ver se recollen dunha vez a obra e conectan de verdade o novo colector”, asegura o alcalde. Segundo diversas fontes, pode ser que a mediados deste mes de outubro a Xunta recolla a obra, pero o Concello asegura que vai revisar que todo funcione correctamente para logo non ter que asumir obras que non lle corresponden. Veremos cal é a resposta da Xunta na reunión de mañá.Novas relacionadas
- 18-09-17: Co cú ao aire fronte a falta de saneamento no Pindo.
- 04-09-17: O Pindo mobilízase contra os cheiros.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).