15.000 persoas saen á rúa polo sector lácteo mentres o Ministerio apraza o acordo

13:54 11/09/15



Que pasa co acordo?
Hoxe, 10 de setembro, era día clave, pois en Madrid, o Ministerio de Agricultura e Medio Ambiente mantiña unha reunión fundamental para alcanzar un acordo. Finalmente parece que todas as entidades, excepto a Coordinadora de Organizacines de Agricultores y Ganaderos (COAG), chegaron a un “acordo maioritario” que, en todo caso, se asinará máis adiante. Si que anunciaron que a UE desbloqueou unha axuda puntual de 500 millóns, pero parece que non se chegou a un acordo a longo prazo. O convenio ten que garantir tres aspectos básicos: “unha recuperación do prezo do leite, mecanismos legais e sancións que obriguen a industria e distribución a cumprilo e que a recuperación do prezo do leite sexa efectiva en Galicia a partir do 1 de outubro”, seguindo a Plataforma. Por exemplo a COAG xa pediu que “a distribución derive marxes comerciais aos gandeiros, para recuperar as marxes de rendibilidade, como moi tarde moi tarde en outubro ou novembro”.Máis loita


Un modo de vida
Facemos nosas as verbas da OPL-Organización de Productores de Leche sobre estas datas importantes: A loita dos gandeiros vai máis aló da defensa dun sector estratéxico e ten moito que ver tamén coa defensa da nosa identidade e polo tanto do noso futuro. Porque se o campo esmorece con el esmorecemos todos. Os gandeiros e gandeiras galegos levamos soportando lustros de chantaxe, ameazas veladas e prezos tirados polo chan, somos preto de 10.000 as familias que co noso traballo favorecemos que se creen preto de 100.000 empregos. Non hai en ningunha rexión europea caso semellante nin exemplo de resistencia parecido. Levamos anos escoitando aos responsables políticos dicir que Galicia está en risco de sufrir un colapso demográfico porque os novos marchamos das aldeas para facer a vida nas vilas ou nas capitais de provincia. Non hai en moitos casos e moitas casas posibilidade de seguir adiante coas explotacións. Que mellor medida para fixar poboación no interior que a xente poida vivir do seu traballo? Defender os nosos gandeiros, as nosas vacas, é tamén fixar poboación.Que leite merco para axudar aos gandeiros galegos?
Preguntabamonos onte: Que podemos facer como consumidores para axudar ao sector leiteiro?. Nesa liña, a Unión de Consumidores de Galicia envía hoxe unha nota coa intención de implicar aos consumidores nesta e en calquera outra guerra na que nós teñamos a chave. Entre as poucas ferramentas coas que actualmente conta o consumidor para adoptar a súa decisión de compra en relación cos produtos lácteos atopamos os selos “Galega 100%” e “PLS”. Pero para Unión de Consumidores de Galicia ningún dos dous serve para dar cumprida resposta ás reivindicacións dos nosos produtores. Leite Río, unha das grandes explotadoras do sector galego, conta con ese selo, por exemplo. Día, Lactalis e Carrefour tampouco quixeron asinar o primeiro acordo, polo que tampouco serían marcas axeitadas para mercar o leite xusto. Así as cousas, segundo nos contan os compañeiros de Galicia Confidencial, as marcas que cumpren os tres criterios citados (prezo superior a 0,61 euros; orixe galego certificado coa marca “Galega 100%” e non ser dun grupo, como leite Río, enfrontado aos gandeiros -Río chegou a deixar de recoller o produto a varias granxas no inicio da crisis-) son, en orde de preferencia segundo a OCU: Feiraco (o leite UHT de Feiraco, Feiraco Unicla e Feiraco Hostelaría) e Larsa (o leite UHT e os iogures).Novas relacionadas
- Que podemos facer como consumidores para axudar ao sector leiteiro?.
- 08-09-15: 4000 tractores colapsan Santiago.
- 07-09-15: #AVaquiñapoloquevale: Mazaricos lidera as mobilizacións por un prezo mínimo do leite.
- Máis de 5.000 tractores invadirán Santiago durante tres días.
- Os gandeiros saen a rúa en Santa Comba
- A Xunta critica as mobilizacións anunciadas polo sector lácteo
- “A asociación de gandeiros de Mazaricos nace pola necesidade de unión que ten este sector”
- Mazaricos crea a súa Asociación de Gandeiros
- 9 alcaldes da zona reúnense en Santa Comba para amosar o seu apoio unánime ó sector lácteo.
- Juan José Blanco: “O 90% de Mazaricos depende do sector gandeiro”.
- Ucha Velo: “Hai que ter claro que os veciños son sempre os teus xefes”.
- 06-07-15: 15.000 litros de leite ao chan contra o secuestro das industrias lácteas.
- 17-06-15: Os novos alcaldes de Mazaricos e Santa Comba moven ficha polo sector gandeiro.
- 28-04-15: 11 alcaldes da Costa da Morte asinan manifesto de apoio aos produtores de leite.
- Os gandeiros piden sancionar a quen venda leite por debaixo do prezo de mercado.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Campogalego.com.