Venres. 04.10.2024
El tiempo

A Cooperativa de Grille pide a impugnación da candidatura do actual presidente de Feiraco

A Cooperativa de Grille pide a impugnación da candidatura do actual presidente de Feiraco
Xan Ramos e Jose Manuel Montes aspiran a presidencia de Feiracojpg Xan Ramos e Jose Montes aspiran a presidencia de Feiracojpg

Este sábado 11 de xuño será unha data importante para Feiraco, esa industria galega na que están inseridas centas de cooperativas gandeiras da Costa da Morte. Unha delas é de Mazaricos, a protagonista na asemblea que se celebrará para escoller o novo presidente. A Cooperativa de Grille xa foi expulsada e readmitida pola Xustiza para participar como socia na Asemblea, pero a guerra continúa.

Desta volta, a Cooperativa do mazaricán Xan Ramos, que se presenta como candidatura alternativa á do actual presidente, José Montes Pérez, solicitou á Asemblea Xeral e ao Consello Reitor de Feiraco, a retirada da candidatura de Montes. Ramos alega que para presentarse á presidencia hai que ser socio de "pleno dereito", e que para selo, unha condición imprescindible é ser titular dunha explotación. "José S. Montes non é titular de ningunha explotación agrícola ou gandeira", asegura no seu escrito Xoán Ramos, por iso solicita "que se teña por impugnada a candidatura de José S. Montes para a súa elección como Presidente do Consello Reitor de Feiraco SCG por vulnerar os requisitos esixidos pola Lei de Cooperativas e polos Estatutos de Feiraco".

Así, a un día das eleccións, as cousas están moi quentes. Non parece que o Consello Reitor, do que foi presidente ata agora o propio Montes, vaia aceptar a impugnación da súa lista tan facilmente, pero, en todo caso, pode que un mazaricán se convirta en Presidente dunha das industrias galegas máis importantes do sector.

A longa historia de Xan Ramos

Xan Ramos-Cooperativa de Grille Xan Ramos, da Cooperativa de Grille

"Non é un mazaricán calquera", recoñecen pola zona ao falar de Xan Ramos, para o que "non hai término medio". Militante activista do nacionalismo do Barbanza e da Costa da Morte durante a década dos 90, chegou mesmo a ser alcalde de Mazaricos polo BNG no 91, obtendo un só concelleiro, conseguindo que PSOE e PP o investisen. Apenas 6 meses despois Romay Becaría armaría unha moción de censura, pero un dos asinantes votárase atrás e quedou fallida. 4 anos máis tarde o BNG subía a 5 concelleiros pero Santos Maneiro alzábase como novo alcalde do PP.
Politicamente, a día de hoxe está en Compromiso por Galicia.

No mundo gandeiro, é fillo dun socio fundador da Cooperativa de Grille, e agora é o socio nº 307 de Feiraco. Despois de traballar en Telefónica meteuse de cheo no mundo gandeiro, para promocionar unha gran revolución. Colleu unha cooperativa a piques de quebrar e hoxe, 15 anos despois, é a máis grande de Mazaricos, sendo o único centro especializado en receía de xovencas de Galicia e un dos poucos de España. Conta con máis de 1000 cabezas de gando e máis dunha ducia de postos de traballo sen apenas, na aldea de Grille, 28 veciños.

A Ganxabar, unión de Cooperativas gandeiras das comarcas do Xallas e Barcala, así como as Forxabar (Forraxes Xallas e Barcala) ou CUMA, son ideas de Ramos, fomentando esa unión, tan necesaria, para o crecemento deste sector estratéxico en Galicia.

 

Novas relacionadas

Máis novas agro-gandeiras

Fonte

Comentarios