A Costa da Morte premia ao seu Can de Ouro


Xa remos ao gañador do 1º Campionato Can de Ouro Costa da Morte, que tivo lugar o pasado 9 de xullo no Concello de Mazaricos, organizado pola APTCM e polo Clube Amigos dos Cans de Caza. Esta beagle de 2 anos, chamada Tina e compañeira de fatigas de Jaime López Castro, foi a campiona na modalidade de can de rastro de coello, isto é, a auténtica Cadela de ouro da Costa da Morte.
O Restaurante Casa Pego foi o centro de operacións do campionato, na que participaron ademais a Federación Galega de Caza, a Sociedade "Halcón de Mazaricos" e o propio Concello mazaricán.
Dende as 7:00h da mañá os máis de 40 cazadores botáronse ao monte, para amosar a súa destreza coa escopeta. Toda a mañá en marcha para rematar cun fantástico xantar e a entrega de premio en Casa Pego.
Máis información
Novas relacionadas
- 4 veciños detidos por colocar trampas ilegais para cazar xabarís.
- ADEGA e MPPN califican de delito ecolóxico a creación dun coto de caza maior no Monte Pindo.
- Nota de prensa de APTCM.