Luns. 29.04.2024
El tiempo

ADEGA e MPPN califican de delito ecolóxico a creación dun coto de caza maior no Monte Pindo

ADEGA e MPPN califican de delito ecolóxico a creación dun coto de caza maior no Monte Pindo

O biólogo de ADEGA e da Asociación Monte Pindo Parque Natural, Martiño-Fiz L. Lindoso, asegura, ante a proposta do PP de Carnota de crear un coto de caza maior no Monte Pindo, que "isto suporía un atentado ecolóxico". A proposta pode "perxudicar enormemente á fauna e máis ao funcionamento do propio ecosistema local".

Fiz apunta que sería necesario construir un valado para que as especies cinexéticas non marchen. "As consecuencias deste acto son a reducción das poboacións das distintas especies do Monte Pindo, artificialización do medio, introducción de especies cinexéticas foráneas de gran tamaño e impacto ambiental nunha área protexida pola Rede Natura", informa.

Hai outras consecuencias indirectas comúns en outros cotos de caza maior como "a erradicación de especies predadoras co emprego de velenos e outras prácticas ilegais para a erradicación de especies naturais, escasas e protexidas pola lexislación".

Finaliza Fiz indo máis alá e cataloga a proposta como un "acto vandálico". E o peor de todo, é que a proposta separaría o monte dos veciños.

En Rede Natura

Afortunadamente o proxecto necesitaría un estudio de impacto ambiental por estar dentro da Rede Natura 2000. As administracións deberían rexeitalo en todo caso.

  • Martiño Fiz López Lindoso (Ourense, 1976) é biólogo. Licenciado en Bioloxía pola USC, é o representante de ADEGA no Observatorio Galego da Biodiversidade e o relator da iniciativa pola que se promove a declaración de Parque Natural no Monte Pindo, que contou co respaldo de expertos das tres universidades galegas e á que xa se sumaron ducias de colectivos e centos de individuos.

Novas relacionadas

Comentarios