Domingo. 31.05.2020
El tiempo

A Esencia de Mazaricos, un reclamo turístico inmellorable

A Esencia de Mazaricos, un reclamo turístico inmellorable

Esta fin de semana toca Fitur. Mañá repasaremos a presencia costeira na Feira turística, pero hoxe xa podemos adiantar que o Concello de Mazaricos estará presente. Alí, como xa fixeron no INTUR, estarán alcalde Juan Blanco e o presidente da Asociación de Hostaleiros Jorge Jurjo.

Un dos produtos que levará será esta xoia audiovisual que vén de facer a xente de Eu son Mazaricos, esta brava asociación comprometida para convencer a todo o mundo do incrible que é Mazaricos.

Baixo o guión dun neto mazaricán da Arxentina que volve á terra do seu avó, tráenos este fermosísimo vídeo que serve de inmellorable escaparate de promoción turística:

 

A Esencia de MZ

Máis novas

Fonte

comentarios