Domingo. 28.04.2024
El tiempo

O ADN confirma que os restos óseos achados nos montes de Mazaricos pertencen ás dúas persoas desaparecidas

  • As probas tamén confirman a vinculación dunha das mortes co veciño de Mazaricos, "O Pandolo"
Desaparecido Antonio Tunas Mazaricos
O mazaricán Antonio Tuñas foi un dos asasinados
O ADN confirma que os restos óseos achados nos montes de Mazaricos pertencen ás dúas persoas desaparecidas

Continúa esclarecéndose o asasinato de dúas persoas cuios restos óseos foron aparecendo polos montes de Mazaricos os pasados meses. As probas de ADN practicadas a estes restos confirman que pertencen ás dúas persoas desaparecidas en decembro de 2022: o mazaricán Antonio Tuñas, e o cullerdense Javier Iglesias.

Todas as investigacións apuntan a unha persoa, o veciño de Mazaricos, José Manuel Martínez, máis coñecido como 'Pandolo’, como suposto autor de ambos delitos, xa que ademais dos seus antecedentes, as desaparicións coinciden cun permiso penitenciario que disfrutaba.
A Garda Civil confirma a relación de Pandolo coa morte de Iglesias, xa que no seu domicilio, na zona de Orro, acháronse restos de sangue. Queda confirmar a autoría da morte de Tuñas.

Historial

Comentarios