Venres. 04.10.2024
El tiempo

“As Amas de Casa de Mazaricos non perdimos o espírito en 25 anos”

“As Amas de Casa de Mazaricos non perdimos o espírito en 25 anos”
Algunhas das socias da Asociación de Amas de Casa de Mazaricos que cumpren 25 anos Algunhas das socias da Asociación de Amas de Casa de Mazaricos que cumpren 25 anos

Fin de semana moi especial o que espera Mazaricos dende hai tempo. Chegan dúas citas nas que a protagonista é a veciñanza, e aí, hai cheo por partida doble con toda seguridade na Casa da Cultura.

Gala 25 aniversario Amas de Casa

gala-25-aniversario-amas-de-casa-mazaricos

Da importancia da muller e das asociacións xa deron conta os mozos de Eu Son Mazaricos co seu esencial vídeo. Pero o vindeiro sábado 3 de decembro será unha nova demostración do seu poder social.

A Casa da Cultura da Picota acolle a gala polo 25 aniversario da Asociación de Amas de Casa de Mazaricos, unha das asociacións máis senlleiras da zona. A partir das 19:00h Tania Fuegho dirixirá esta gala de homenaxe ás bravas mulleres que manteñen vivo Mazaricos. Contarán coa participación da presidenta da delegación provincial da Asociación de Amas de Casa, Rosa, dando conta da importancia do evento.

Así nolo conta Laura Prado, a presidenta da asociación mazaricá. Non hai moito que entrou na asociación pero en canto o fixo, as 200 socias (e xa algún socio tamén) xa lle “colocaron” o papel de presidenta. E deixa claro Laura que “en 25 anos non perdimos o espírito co que nacía a entidade, que pensa nas mulleres das aldeas, para que teñan un pouco de vida social fóra do traballo gandeiro e agrícola que tradicionalmente vimos desenvolvendo”.

A Gala completarase cunha exposición da súa historia, con manualidades, cos traxes tradicionais, con panos antigos de varias zonas de Mazaricos, e cun collage con fotos e recordatorios. Unha exposición que estará durante toda a semana na Casa da Cultura da Picota.

Tamén falará o alcalde Juan José Blanco, e serán varios os momentos emotivos. “Teremos un detalle nomeando e dándolle as gracias a todas as directivas, que sempre teñen o seu mérito traballar de balde. Ademais teremos un detalle espcial coa presidenta fundadora Carmiña Cancela. Descobriremos unha placa na Casa da Cultura, e proxectaremos un fermoso “vídeo-remember” que contará como naceu a asociación”.

Unha desas citas tan reais como a vida mesma.

Numerosas actividades

Laura explícanos que actividades máis importantes que desenvolve a entidade son relacionadas co mantemento das tradicións. “Non se lle estaba dando a importancia que ten ao mundo tradicional. E gústanos coidar isto nos cativos. Xa levamos 3 anos facendo obradoiros, e este ano Emilio da Baña deu uns obradoiros do cole da Picota que gustaron moito aos nenos”.

“Baile galego e pandeireta son as partes máis importantes da Asociación, digamos porque estamos 9 meses continuos coas clases. En toda a escola temos uns 60 alumnos, e de feito durante a Gala imos facer unha demostración”. Lembra con orgullo aquela viaxe das Amas de Casa a Madrid polo Día de Galicia. “Aí si que o petamos”, recorda Laura.

amas-de-casa-de-mz-en-madrid As Amas de Casa en Madrid polo Día de Galicia en 2013

Pero non quedan aí as actividades das Amas de Casa. “Outras das actividades que facemos son cursos de manualidades, como os obradoiros de cestería. Tamén buscamos charlas que nos poidan ser interesantes. O ano pasado organizamos unha sobre a luz, e este ano estamos pensando en facer unha dos seguros. Tamén facemos un par de excursións ao ano, este ano levamos aos pequenos á praia tamén e outro día fumos de inchables. Igual imos ver á Cocacola da Coruña en breve, que as nosas socias sonche moi bailadoras e excursionistas, e ademais de irmos de feira, a museos, a ver natureza… tamén nos gustan outras cousas”.

Tamén destacamos o seu papel fundamental na Festa do Bolo do Pote onde as bravas mulleres cociñaron e repartiron 2000 racións de tradición gastronómica.

Así, Laura cóntanos que “sempre facemos unha cea e este ano coincide ca Gala, e así facemos todo xunto e gozamos do noso día completo”.

 

Desfile Solidario

desfile-solidario-en-mazaricos

Este domingo 4 de decembro, varias firmas de moda organizan o I Desfile Solidario de Mazaricos. A partir das 16:00h, o recinto feiral da Picota cambiará as xovencas polas e polos modelos con moda infantil e adulta. O Desfile acollerá a doación voluntaria de alimentos non perecedeiros e de xoguetes.
Ademais haberá actuación en directo dos Recanteiros do Luar.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios