Venres. 06.12.2019
El tiempo

As mámoas do polígono de Mazaricos, protagonistas do pleno

As mámoas do polígono de Mazaricos, protagonistas do pleno
Imaxe do primeiro pleno do 2017 en Mazaricos Imaxe do primeiro pleno do 2017 en Mazaricos

O pasado venres 13 de xaneiro tivo lugar o primeiro pleno do Concello de Mazaricos. Un pleno áxil e rápido, no que os puntos pasaron coa abstención da oposición e os votos a favor do grupo de goberno.

Un dos puntos importantes da orde do día era a cuestión sobre o esquecido polígono industrial. Nese sentido, o alcalde Juan Jose Blanco informou do estudo arqueolóxio encargado polo Concello que ditamina a existencia de 12 mámoas na zona. Blanco explicou que, en caso de que se venda unha finca, a persoa propietaria deberá facer un estudo arqueolóxico que rolda os 8000-10000€, logo un estudo posterior de 6000€. “Se aparece algo, pode que non a poida usar e se ten a nave feita e despois quere unha explanada anexa ou un novo edificio, ten que repetir o control arqueolóxico”, concluíu Blanco.
O grupo de goberno subliñou que a cuestión do polígono estivo paralizada “20 anos de goberno do PP” sen “informar destas continxencias aos cidadáns”. “O goberno atopou esta sorpresa ao iniciar os trámites para buscar solucións”, explicaron.

Vecinos no Pleno de Mazaricos

Campo e tiro e ximnasio

No pleno tamén se aprobaron os trámites para o campo de tiro de Pino do Val, que ten como obxectivo a revitalización desta zona.

Ademais, o alcalde apunto que nun prazo aproximado dun mes, o ximnasio estará en funcionamento.

Fonte

Comentarios