Martes. 05.11.2024
El tiempo

As Tanxugueiras, a novas raíñas do trad galego, volven ás súas raíces MZ

As Tanxugueiras, a novas raíñas do trad galego, volven ás súas raíces MZ
Tanxugueiras en Mazaricos

Xa as coñecíamos dende que se fixeran virais algúns dos seus vídeos dende a diáspora. A súa irrupción foi toda unha revolución no mundo da música folk tradicional galega, e seguen percorrendo e facendo país coas súas pandeiretas.

O que non sabiamos era das súas raíces mazaricás. Resulta que os avós de Sabela e Olaia (as dúas xemelgas que forman xunto a Aida o trío folclórico máis de moda do ano) son da Picota. Elas son naturais de Teo e do Barbanza, pero as raíces nunca se perden.

Así o demostrarán este vindeiro sábado 23 na Casa da Cultura da Picota, que quedará pequena para a súa actuación de balde a partir das 22:00h da noite e para seguir convertindo a música tradicional no pop galego.

 

Teatro no Camiño

Unha noite antes, os cómicos Isabel Risco e Fran Rei levarán a cabo o seu espectáculo “Dous no Camiño” este venres 22 de setembro ás 20:00h no Campo da Feira da Picota, no marco do programa Vive o Camiño.

Fran Rei e Isabel Risco Fran Rei e Isabel Risco

Fonte

Comentarios