Sábado. 20.04.2024
El tiempo

#AVaquiñapoloquevale: Mazaricos lidera as mobilizacións por un prezo mínimo do leite

#AVaquiñapoloquevale: Mazaricos lidera as mobilizacións por un prezo mínimo do leite
150 tractores de Mazaricos lideran as mobilizacións en Compostela polo séctor lacteo 150 tractores de Mazaricos lideran as mobilizacións en Compostela polo séctor lacteo O sector lácteo galego ao completo está en loita. A multitudinaria tractorada destes días en Lugo e os 4 días que quedan de manifestación (con máis de 5.000 tractores) continua en Composteladan conta da importancia da gandeiría en Galicia. Mazaricos presente nas mobilizacions do sector lacteo galego Impresionante a tractorada en Lugo destes dias-Foto-Gandeiros de Mazaricos Unhas mobilizacións que parece que está dando froitos, pois O Ministerio vai emitir un Decreto nos vindeiros días esixindo un acordo entre gandeiros, fabricantes e distribuidores. Un acordo que pasa, invariablemente, pola fixación dun prezo mínimo do leite, entre outras demandas do sector. O propio Ministerio de Agricultura fixa un prezo de produción do litro de leite nos 0,34€. Como é posible que os gandeiros galegos teñan que vender a 0,28?. A necesidade de establecer, mensualmente, ese prezo mínimo en función do prezo do gasóleo, é basica. “As cousas non poden valer menos do que custan. Non é un asunto de competitividade”, apunta o alcalde de Mazaricos, Juan José Blanco, que leva longas xornadas acompañando aos membros da recén creada Asociación de Gandeiros de Mazaricos. As súas pancartas de “A Vaquiña polo que vale” e “Somos Mazaricos. Queremos futuro” están a liderar as protestas a nivel estatal, sendo os grandes representantes do sector gandeiro da Costa da Morte. Mazaricos presente nas mobilizacions do sector lacteo galego

A tractorada máis grande da historia

Tractorada en Compostela polo sector lacteo O Concello mazaricán estalles brindando apoio, con autobuses para volver a casa cada noite, e o mesmo farán estes días dende Compostela, facendo un esforzo na xornada do xoves 10 de setembro. Ese día é o gran día, o da gran mobilización por Compostela, se ben estes días aínda van quedar, de xeito indefinido e ata que se resolva o asunto, un grupo de gandeiros lucenses arredor da muralla. O xoves, o punto de encontro para os tractores de Mazaricos é ás 9 do luns nas Maroñas, para chegar a Santa Comba ás 10 e a Santiago ás 12. Da Alameda sairán unha Manifestación a pé, para realizar unha concentración diante do edificio da Xunta de Galicia, en San Caetano. Alí, a Organización de Productores de Leche de España (OPL) e a Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo Galego esperan a maior manifestación do sector dos últimos 30 anos en Galicia. Unhas mobilizacións que chegan alentadas polas  verbas desestabilizadoras da Conselleira, o que provoca que avisen de non terse aprobado un Decreto acorde cas demandas o día 10, comezarán cunha folga de entregas. E precisamente de folga vai o asunto, porque estes días as explotacións non están a traballar, e os únicos que perden o xornal son os propios gandeiros en loita. Moitos xa están cansos de tanto lío, pero ninguén quere desmarcarse desta loita, clave para o futuro de Galicia, para o futuro de ducias de concellos como Mazaricos, dependentes ao 90% do sector gandeiro.

O inimigo, na casa

Apoio ao Gandeiro E ademais das administracións, que levan anos desoíndo os problemas do sector ata que os berros invanden os medios, hai outros inimigos, que se chaman industrias. Son varias as que non asinaron o primeiro acordo, pero máis lamentable é que un deles sexa precisamente unha das industrias punteiras máis importantes de Galicia. Un dos meirandes inimigos témolo na casa, e ten nome e apelidos: Leite Río, que paga a 20 céntimos a un, a outro non llo recolle porque non lle dá a gana, e aínda por riba dende a Consellería escóitaselle máis que aos representantes dos sindicatos. Un claro exemplo de como está o país. A cousa é ben sinxela: #AVaquiñapoloquevale!

Tractorada en Lugo

Da man dos compañeiros de www.campogalego.com, deixámosvos un par de imaxes das asembleas gandeiras a pé de muralla. Aquí, un xubilado de 80 anos chama a continuar coa tractorada de Lugo na asemblea que se desenvolveu na madrugada do venres ó sábado, e despois a do domingo.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios