Venres. 11.10.2024
El tiempo

Axentes sociais e institucionais reflexionaron arredor do futuro do turismo en Mazaricos

Mesa de Turismo de Mazaricos
Na Mesa Redonda participaron o alcalde Juan Blanco; Manuel Muíño, alcalde de Zas e presidente do GDR da Costa da Morte; Xosé Regueira, vicepresidente e deputado de Turismo da Deputación da Coruña; Carmen Pita Urgoiti, directora de Promoción de Turismo de Galicia; Alexandra Seara, xerente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra; ; Jesús Picallo, vicepresidente do Cluster de Turismo de Galicia, e Mónica Rodríguez, alcaldesa de Vimianzo e presidenta de CMAT (Costa da Morte Asociación Turística).
Axentes sociais e institucionais reflexionaron arredor do futuro do turismo en Mazaricos

Arredor de medio cento de persoas participaron esta tarde na Xornada de Turismo de Mazaricos. A Mesa Redonda “Mazaricos, pasado e futuro entre a costa e o interior”, serviu de punto de encontro para diversos axentes sociais e institucionais, que analizaron o estado de saúde do sector.

O alcalde de Mazaricos, Juan Blanco, deu a benvida e salientou “o moito traballo feito para a promoción do turismo Mazaricos nos pasados anos” desde unha posición de partida “na que non se explorara suficientemente este sector”. O rexedor agradeceu a implicación dos hosteleiros e todos os sectores sociais nestes anos, así como o traballo levado a cabo dende o Concello.
Puxo como exemplo as diversas actividades de promoción de produtos gastronómicos, a presenza de Mazaricos en salóns de turismo internacional como o Fitur de Madrid e, especialmente, o apoio ás iniciativas dos emprendedores.

Durante a súa intervención, Xosé Regueira fixo fincapé na interlocución entre a Deputación e os concellos e asociacións. Salientou o patrimonio cultural e a tradición de Mazaricos como unha das súas fortalezas turísticas e detívose sobre o próximo recurso da Senda do Xallas. 

Lolo Muíño puxo o foco na necesidade da colaboración institucional, por exemplo entre Concellos, o GDR, a CMAT e outras entidades. 
Mónica Rodríguez, na súa intervención, parabenizouse polo traballo conxunto que levan a cabo todos os concellos da Costa da Morte e considerou este traballo “fundamental”.

Jesus Picallo Mesa de Turismo de Mazaricos
Jesus Picallo

Na súa quenda, Jesús Picallo salientou o peso do sector turístico en Galicia e agradeceu os esforzos de Xunta, Deputación e concellos por manter o seu apoio durante a pandemia. Chamou, no momento en que se recupera unha certa normalidade, a difundir o destino Galicia nos mercados internacionais con contundencia.

Pinchos en Mazaricos

O acto continuou cunha degustación de produtos típicos mazaricáns e un anaco de esparexemento en que os participantes puideron intercambiar opinións e puntos de vista.

Ademais, realizaron unha visita ás Cabanas Mirador do Ézaro e ao proxecto da Senda do Xallas, unha ruta que unirá os tres concellos, coa colaboración da Deputación, a través de 65 km de natureza pola beira do río.
 

Comentarios