Sábado. 07.12.2019
El tiempo

Catro produtos da Costa da Morte, estrellas no Xantar Ourense

Catro produtos da Costa da Morte, estrellas no Xantar Ourense
Showcooking da filloa de Zas no Xantar Ourense Showcooking da filloa de Zas no Xantar Ourense

Gran protagonismo costeiro nesta edición 19º do Salón Internacional de Turismo Gastronómico, Xantar, que tivo lugar en Ourense esta pasada semana. A filloa de Zas, o pan de Carballo, os PInchos Irmandiños de Vimianzo e o bolo do pote de Mazaricos foron os grandes reclamos que levou a Deputación como demostración da excelencia culinaria da provincia da Coruña.

Neste xa "clásico" escaparate do turismo gastronómico galego, que acolle cada ano máis de 20.000 persoas e 200 expositores, foi o deputado de Turismo, o carballés Xosé Regueira o encargado de destacar o noso papel.

 

As filloas á pedra de Zas

A filloa de Zas no Xantar Ourense 2018 A filloa de Zas no Xantar Ourense 2018

Con moi bo sabor de boca quedaron as 70 persoas que asistiron a tarde do sábado tarde ao “showcooking” das filloas da pedra de Zas que realizaron os membros da Asociación de Veciños Barolo, de Loroño. Un “showcooking” das filloas da pedra no que os asistentes viron as distintas fases de elaboración deste prezado manxar. Durante a demostración interviron membros da Asociación veciñal Barolo e tamén o alcalde de Zas, Manuel Muíño, quen resaltou os principais atractivos turísticos do municipio e xa non só os gastronómicos xa que “en Zas, un concello con pouco máis de 4.500 habitantes, temos unha ruta de pazos, monumentos megalíticos como a Arca da Piosa, e a Ponte de Brandomil”, sinalou o rexedor. Muíño tamén resaltou que o municipio de Zas tamén é un referente noutros eidos xa que “contamos cunha mostra de teatro afeccionado, cun festival de cinema e con outro de música folk nun enclave único e de recoñecemento internacional como o é a Festa da Carballeira”, sinalou.

Expedicion Zas no Xantar Ourense 2018 Expedición de Zas no Xantar Ourense 2018  

O Bolo do Pote e a carne de Mazaricos

Showcooking de Mazaricos no Xantar Ouresen 2018 Showcooking de Mazaricos no Xantar Ourense 2018

Fantástica presentación do Concello de Mazaricos co showcooking dirixido polo alcalde, Juan José Blanco, desenvolto polas Amas de Casa e Manuel Carreira, o chef do Asador Manduca. Aproveitando o tirón da cita, o Concello presentou o cartel da XX Edición da Festa do Bolo do Pote, que será o 3 e o 4 de marzo.As persoas asistentes puideron degustar os bolos de pote, a carne de Mazaricos e o particular pan que se produce no municipio, que o alcalde sinalou como “o mellor do mundo”.

 

Os Pinchos Irmandiños de Vimianzo

Showcooking de Vimianzo en Xantar Ourense 2018 Showcooking de Vimianzo en Xantar Ourense 2018

Tocoulle a Vimianzo estrear os showcooking do pasado venres cos "pinchos irmandiños”.

 

O Pan de Carballo

Sempre é unha aposta segura o pan carballés e durante varias xornadas Carballo ofreceu degustación de pan e empanada a todos os que se achegasen polo expositor.

 

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios