sábado. 15.02.2025
El tiempo

Os novos fitos na carreira musical do mazaricán Christian Pensado

Christian Pensado no concurso Una voz per San Marino
Christian Pensado no concurso "Una voz per San Marino"
Os novos fitos na carreira musical do mazaricán Christian Pensado

Descubríamolo aló polo 2016 como representante da Costa da Morte no Recanteiros do Luar. En 2019 lanzaba o seu primeiro sinxelo titulado Perdeirei, e xa en 2023 deixaba saía á súa Besta cun son moito máis guerrilleiro.

Por iso nos encanta ver como Christian Pensado Recarey, natural de Vilaferreiros, en Mazaricos, segue medrando como artista emerxente da comarca. Co rock como bandeira, Pensado leva varios fitos moi importantes para a súa carreira dende o pasado mes de decembro, e segue dando pasiños para lograr o seu soño, que non é outro que o de vivir da música:

Campión do concurso da Canción do Nadal da TVG

O pasado mes de decembro, Cristian proclamouse gañador do concurso da Canción do Nadal que organizou a CRTVG, coa canción “Luz Xigante”, escrita e composta por el mesmo. O premio, estivo dotado de 1500€ e dunha promoción diaria durante as semanas de Nadal, soando a canción nos espazos publicitarios da TVG e soando na Radio Galega habitualmente.

Primeiro álbum: “Voltar”

Mellor nova aínda foi o lanzamento do seu primeiro álbum, “Voltar”, tanto en dixital como en físico (CD), con 15 temas, pendente aínda de poder publicar “Psicodrama”, porque está aínda dentro do concurso “Una Voce per San Marino”. Un álbum que define moi ben os seus sentimentos cando volve á súa casa, xa que agora reside en Madrid, compatibilizando o mundo da música co seu traballo en hostalería.

Concurso en San Marino

Christian Pensado no concurso Una voz per San Marino 2

O caso é que a día de hoxe está formando parte da nova fase do “Cásting-Accademia” en San Marino, “unha experiencia absolutamente incríble e que me levo para toda a vida”. Alí, cantou dous temas, “Psicodrama” e “Os cornos só teñen un dono”, en galego, “xa que sempre que podo, cando actúo, fago algún dos meus temas no meu idioma natal”.

A día de hoxe estamos agardando o resultado para coñecer se se convirte nun dos semifinalistas, que terán que defender o seu tema nun mes no mesmo país.

A piques de chegar ao Benidorm Fest

Cristian quedou ás portas de entrar no Benidorm Fest, con “F,U,C&K+U”, un temazo n rock alternativo hispano-inglés con influencias urbanas.

Desexámoslle as meirandes das sortes a Cristian, que non desbota volver ao mundo das orquestras e fichar por algunha das orquestras máis famosas do país.

Máis novas de Cristian Pensado

 

Comentarios