Luns. 30.11.2020
El tiempo

O Concello de Mazaricos empresta bicicletas eléctricas polo Día Mundial sen Coche

O Concello de Mazaricos empresta bicicletas eléctricas polo Día Mundial sen Coche

O vindeiro martes, 22 de setembro é do Día Mundial Sen Coche. Para poñer en valor esta data, o Concello de Mazaricos, pon ao dispor das e dos mazaricáns bicicletas eléctricas para usar de balde.

As persoas interesadas poden chamar ou enviar un whatsapp ao 667209314 durante a fin de semana ou luns ao Concello (981 86 71 04) e reservar a bicicleta. Xunto coa reserva, deben deixar a súa dirección e o luns faranlle entrega da bicicleta no propio domicilio e recolleranlla mércores.

Ademais tamén sortean o uso de 4 bicicletas eléctricas durante unha fin de semana ás persoas que suban ás súas redes sociais (facebook ou instagram) o uso de transportes alternativos, etiqueten ao Concello e usen o cancelo #EuÚnomeAoDíaSenCoche

comentarios