Xoves. 10.10.2024
El tiempo

Denuncian o grave impacto dos novos eucaliptais na Devesa do Anllares

Estampa da desfeita na Devesa no Anllares-Foto-Boca de Sapo
Estampa da desfeita na Devesa no Anllares-Foto-Boca de Sapo
Denuncian o grave impacto dos novos eucaliptais na Devesa do Anllares
Cada pouco tempo dende xa hai unha década, veciñ@s amantes da natureza e entidades conservacionistas lanzan a alarma sobre o recorte do que pode considerarse como o bosque atlántico máis occidental de Europa. A Devesa dos Anllares, situada ás beiras do río Xallas, nos termos municiais de Dumbría e Mazaricos, continúa sufrindo o avance dos eucaliptais, que reducen, e fragmentan a superficie de bosque autóctono.

A Asociación Ambiental Boca de Sapo lamenta a súa degradación, e pedirá ás administracións locais compromiso para poñer en valor este recurso natural de primeira magnitude.

Pola súa parte, a Asociación Ecoloxista ADEGA culpa á “nefasta política de conservación da Xunta, a cobiza de Ferroatlántica consutríndo 3 minicentrais consecutivas na zona” da desfeita ambiental.

Nos últimos tempos, o gran inimigo da Devesa son as novas plantacións de eucaliptos, deixando que o frondose bosque de antano fique en illas de fragas separadas entre si. É a zona do Concello de Mazaricos, que aínda conseguía manter máis virxe, a que máis está a sufrir pola invasión da popular especie australiana.

Para ADEGA, sería urxente “ampliar a ZEC Carnota-Monte Pindo (e da RN2000 no seu conxunto) para incluir á Devesa dre Anllares, unha medida cuxa tramitación paralizaría a acelerada degradación deste espazo”.

Desfeita na Devesa dos Anllares

Novas relacionadas

Comentarios