Martes. 19.03.2024
El tiempo

Mazaricos páralle os pés aos eólicos

O Concello, a veciñanza e os representantes das comunidades de montes tiveron hoxe unha xuntanza de negociación coa empresa

Imaxe da Devesa do Anllares, afectada polo novo parque eólico
Mazaricos páralle os pés aos eólicos

Xa en 2012 e 2011, o proxecto inicial causara indignación en varios sectores da sociedade da Costa da Morte pola súa afección ao Monte Pindo, ao Camiño de Santiago ou á Devesa do Anllares.

Agora, o novo proxecto eólico A Ruña 2, tras 3 anos de negociacións, volve xerar polémica, ata no seo do goberno municipal de Mazaricos. Esta mañá de venres veñen de manter unha reunión algo sui generis, na que a empresa Eurus Desarrollo renovables continuou coa súa política de ameazas (habitual no proceso de adquisión de terreos cos propietarios das aldeas) mesmo co Concello.

Un proxecto que colocará un viravento practicamente enriba da mesma Devesa do Anllares Anllares, unha das últimas xoias naturais en forma de bosque atlántico que quedan na Europa occidental.

Dende o concello piden un mínimo de 15.000 por viravento, como rexe o convenio e se ten realizado noutros concellos da comarca. 

Tras a xuntanza o alcalde, Juan José Blanco dixo mostrarse “moi molesto porque a empresa enviou a ameaza da expropiación á casa dos veciños e iso non é unha maneira de negociación, éo de coacción”. “A veciñanza sentiuse indefensa porque non teñen os medios legais nin económicos para afrontar isto” e engadiu que “por iso desde o Concello se habilitou inmediatamente unha partida para a súa defensa”. Ao fío disto quixo deixar claro que Eurus “obrigou a un Concello pequeno como o noso a desembolsar 20000€ e a estar permanentemente alerta” e exemplificou isto en que “decidiron reunirse con nós o día antes de que remate o prazo de alegacións, por fortuna nós xa as tiñamos presentadas”.

 Segundo os técnicos “os eólicos van estar moi preto das casas, a 500 metros, a veciñanza vai escoitar o ruído e hai un especialmente controvertido que afecta á carballeira de Anllares, polo que a cantidade ofertada pola empresa é completamente insuficiente para reparar o prexuízo”. 

IMG_20190713_122423

Novas relacionadas cos Eólicos

Comentarios