Mércores. 08.05.2024
El tiempo

Descobren dúas novas mámoas en Mazaricos

Descobren dúas novas mámoas en Mazaricos
A depresión do terreo  identifica a mámoa do Panasco de Mazaricos A depresión do terreo identifica a mámoa do Panasco de Mazaricos Novo achádego arqueolóxico na bisbarra. A arqueóloga do Concello de Mazaricos, Nina Alvela, vén de facer un descubrimento excepcional: dúas novas mámoas na zona do Panasco, preto da Picota. Unha vez enviadas a Patrimonio, onde xa quedaron catalogadas, a profesional explicou a un grupo de alumnado do C.E.I.P A Picota todo o relacionado co achado no propio lugar. Unha das mámoas conserva intacto o con de profanación, é dicir, o sitio por onde se expoliaron os tesouros deste tipo de xacementos. Alvela explicou ao estudantado que estes monumentos funerarios están datados entre o 5.000 e o 3.000 a.C. Pertencen, polo tanto, ao Megalitismo, que se inicia a finais do Neolítico. Alvela afirmou que “Mazaricos, debido á súa xeografía, por ser un altiplano, é un lugar onde abundan as necrópoles tumulares”. Exemplificou isto nas de Val, Porto do Coído ou Busto. Do mesmo xeito, Alvela referiuse á necrópole de Porto Coído como “un xacemento que é estudado a nivel europeo e do que podemos contemplar perfectamente o dolme da Parxubeira”. Escolares da Picota descubriron a nova Mamoa do Panasco de Mazaricos Escolares da Picota descubriron a nova Mámoa do Panasco de Mazaricos da man de Ana Vilela

Estudo do Castro do Monte Aro

Murallas da nova mamoa do Panasco de Mazaricos Murallas do castro, Mazaricos Ao mesmo tempo, o concello está a levar a cabo unha limpeza controlada do castro ubicado no Monte Aro. A propia Alvela é a que está a supervisar estas tarefas. “Non podemos usar cadeas e debe ser todo moi coidadoso, para non degradar a estrutura do castro”, explica. “O castro ten dúas murallas perfecta- mente identificables, e unha terceira, onde estaban as terrazas de cultivo”, sina- la. A arqueóloga data o castro “entre 0 600 a.C e o 300 d.C porque, tras iso, este tipo de construccións situáronse a máis baixa altura”. “Este lugar era un oppidum, é dicir, unha poboación importante, como unha cabeceira de comarca”, constata Alvela. A situación do castro fai que sexa o mellor ubicado da bisbarra do Xallas e un dos máis grandes da Costa da Morte. A profesional afirma que está “segura” de que aparecerán mostras e fragmentos cerámicos durante o estudo. O alcalde, Juan José Blanco Riveiro sostivo que “pretendemos poñer en valor o noso patrimonio e mellorar as condicións socioeconómicas da zona grazas a un turismo respectuoso e sostible”.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello Mazaricos.

Comentarios