Eleccións #24M Mazaricos: O BNG dalle a volta ao pleno
00:00 25/05/15
Unha das grandes sorpresas destas Eleccións Municipais 2015 danse en Mazaricos. O BNG deu a volta ao pleno, e consegue unha histórica maioría absoluta que porá a Juan José Blanco como novo alcalde, despois de 20 anos de mandato popular. Custoulle caro o cambio no PP, trala baixa do epiterno alcalde Santos Maneiros e a fichaxe de Nico Martínez, edil da oposición á fronte de PIMAZ nesta lexislatura.
CxG e PSdG quedan sen presencia.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).