Martes. 19.11.2019
El tiempo

Espectáculos aéreos e actividades con descontos nas xornadas de portas abertas de Naturmaz

Espectáculos aéreos e actividades con descontos nas xornadas de portas abertas de Naturmaz
A próxima fin de semana - dende venres e ata domingo - as instalacións de Naturmaz, no encoro da Fervenza en Mazaricos, organizan unhas xornadas de portas abertas nas que os visitantes poderán probar novas experiencias a través das distintas actividades que se ofertan cun desconto especial durante estes días. Escalada, voos en ultralixeiro e unha ruta nocturna en kayak serán os principais ingredintes do venres, o primeiro día das xornadas de portas abertas. Xa o sábado, as instalacións de Naturamza recibirán a chegada dos máis de 30 avións participantes na volta Ibérica 18 e na VIII Celtic Oesti Nations. E xa o domingo, os máis atrevidos poderán participar en distintas actividades para superar o vértigo - pontes colgantes, tirolina,... - e incluso facer rutas en kayak polo embalse. Os/as interesados/as en participar en calquera das actividades pode informarse e reservar praza no 690 399 036 ou no enderezo electrónico [email protected] Ainda quedan prazas! https://www.facebook.com/naturmaz/videos/2027016283987071/
Novas relacionadas Fonte https://www.facebook.com/naturmaz/videos/2027016283987071/

Comentarios