Estreada a Muxiana do Camiño por Brandomil


Pois xa existe a Muxiana do Camiño Santiago-Muxía por Brandomil. Esa recuperación histórica doutra variante do camiño peregrino pola que xa leva máis dun ano loitando a Asociación Grandirium e outras entidades veciñais e culturais da comarca.
Esta pasada fin de semana tocaba a 4º e última etapa. O grupo de máis de 50 peregrinos, todos veciños da zona, saíron de Berdoias e finalizaron na capela da Virxe da Barca, cunha duración total de case 22 quilómetros. Alí foron recibidos polo alcalde Félix Porto, ademais do de Vimianzo e o de Zas, Manuel Muíño que fixo as 4 etapas co grupo.
No acto Neste acto fíxose un recoñecemento o traballo feito polas diferentes asociacións para recuperar este tramo histórico. Tamén estivo presente Manuel Vilar, historiador con gran recoñecemento e experiencia na recuperación e identificación de antigos camiños e involucrado no proxecto, apuntou que “a recuperación deste camiño forma parte da recuperación da nosa historia. Neste camiño hai dous puntos fundamentalmente importantes: Brandomil e Moraime”.
Unha vez finalizado o acto fixéronse entrega por parte dos alcaldes das primeiras muxianas aos peregrinos que realizaron esta recuperada ruta que une Santiago con Muxía. A organización das catro xornadas fíxose dende o Concello de Zas.
Vindeiros pasos
Os próximos pasos para este proxecto son a finalización do informe e recompilación de documentación para poder presentar en Patrimonio, coa finalidade de que se poida facer a recuperación administrativa desta histórica ruta.
Novas relacionadas
- Maio 17: Brandomil fai camiño por Mazaricos.
- Abril 2017: Os plenos de Vimianzo e Santa Comba apoian o Camiño Santiago-Muxía por Brandomil.
- Setembro 2016: O Camiño Santiago a Muxía por Brandomil estírase.
- Outubro 16: Os Empresarios de Santa Comba denuncian o esquecemento do Concello e reivindican o seu Camiño.
- A ponte de Brandomil recupera a súa historia peregrina.
- Proxectada a ampliación da Ponte Olveira para mellorar a seguridade dos peregrinos.
- A Asociación Grandimirum propón unha ruta xalleira alternativa do Camiño.
Fonte
- Asociación Grandimirum.