Sábado. 16.11.2019
El tiempo

Fin de etapa para as Andainas Costa da Morte e o Camiño por Brandomil

Fin de etapa para as Andainas Costa da Morte e o Camiño por Brandomil
Imaxe de dúas camiñantes pola Andaina de Mazaricos Imaxe de dúas camiñantes pola Andaina de Mazaricos Fin de semana emotiva. Acabaron dúas das propostas de sendeirismo máis famosas da bisbarra. Dúas iniciativas que nos están permitindo aos propios veciños coñecer moito mellor a nosa comarca, e ademais, facer bo exercicio. As Andainas Coñece a Costa da Morte botaban o peche á tempada en Mazaricos, mentres que os peregrinos do Camiño SAntiago Muxía por Brandomil, xa teñen a súa “muxiana”.

Mazaricos pecha o ciclo das Andainas Coñece a Costa da Morte

Andaina por Mazaricos 0 A chuvia non disuadiu ás preto de 200 persoas que, chaquetas e paraugas en man subiron ao alto das Paxareiras para facer a Ruta da Romaxe. Durante o percorrido pararon na emblemática capela da Romaxe e, conforme ía avanzando o tempo e ía abrindo a néboa, puideron disfrutar das vastas paisaxes do Concello. A parada para o avituallamento foi na área recreativa da Pontenova.

150 muxianas

Saída de Berdoias da última etapa do Camiño Santiago Muxía por Brandomil Saída de Berdoias da última etapa do Camiño Santiago Muxía por Brandomil En torno a 150 peregrinos sumáronse na última etapa do Camiño Santiago Muxía por Brandomil, que saíu dende Berdoias esta mañán e finalizou na capela da Virxen da Barca en Muxía. Os camiñantes que percorreron as 4 etapas recibiron as muxianas, como recoñecemento a realización deste percorrido Xacobeo de Santiago a Muxía. Como nas etapas anteriores, mostrouse o apoio e axuda dos concellos de: A Baña, Santa Comba, Mazaricos, Zas e Vimianzo, así como todas as asociacións involucradas tanto identificación, limpeza como organización de: Lumieira (A Baña), San Luís da Pereira e Trotasendas (Santa Comba), Asociación Cultural Antes (Mazaricos), Grandimirum (Zas) e Baíñas no Camiño e Asociación Parroquial Berdoias (Vimianzo). Os peregrinos recibiron as súas muxianas no Salón do Voluntariado-Fotos-Rafa Quintáns

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-camino-por-brandomil-en-150-pares-de-pegadas/ https://quepasanacosta.gal/400-caminantes-disfrutaron-da-andaina-montebranco/ Para máis información: María M. Tubío Presidenta Asociación Grandimirum 670 041 951 [email protected]

Comentarios