As Costas da Morte en FITUR (V): A Ruta do Xallas e a MZ, e Solpor tamén estiveron en FITUR

Faltábanos varias aparicións singulares da Costa da Morte na FITUR, comon son as do Concello de Mazaricos e a da Asociación Solpor.
O alcalde de Mazaricos, Juan José Blanco Riveiro e os concelleiros de Cultura e Turismo, Sandra Alvite e Jorge Sanmartín promocionaron os recursos paisaxísticos de Mazaricos a través da ruta do Xallas. Nesta edición tamén aproveitaron para coñecer recursos tecnolóxicos que poderían aportan valor e comodidade ao rural.
Para Blanco é “moi importante” aproveitar a “plataforma que é FITUR” para “difundir as novidades en canto a turismo e patrimonio sobre as que se traballa nos concellos”.
Por iso, rexedor e concelleiros mantiveron xuntanzas con turoperadores para expoñerlles o ambicioso proxecto da Ruta do Xallas, que comezará este 2020. Para esta tarefa contaron cunha presentación audiovisual que desenvolvía a ruta con voz en off e imaxes dos lugares emblemáticos da ruta: a área do Fieiro, Arcos, a fervenza da Noveira, o miradoiro de Enxilde, a devesa de Anllares, Colúns, o miradoido de Corzón, a necrópole de Pedras Miúdas, o encoro da Fervenza, a Ponteolveira, etc.
As reunións con Touroperadores son unha das patas máis improtantes da FITUR
Solpor co Camiño
Tampouco faltou Asociación Solpor, promocionando o Camiño Fisterra-Muxía:
FITUR 2020
- Fitur (IV): Muxía une lazos con Paradores.
- A Costa da Morte en Fitur (I): O ciclismo como motor turístico.
- A Costa da Morte en FITUR (II): Camariñas, Cee, Muxía e Vimianzo no stand Turespaña.
- A Costa da Morte en Fitur (III): 4 formas de vivir intensamente.
Máis crónicas da FITUR
- FITUR 2019: A Costa da Morte volca esforzos na FITUR.
- FITUR 2018: A Costa da Morte promociona en Fitur a súa parte máis deportiva e natural.
- FITUR 2017: As caras da Costa da Morte na Fitur.
- FITUR 2016: As Costas da Morte preséntanse en #FITUR2016