Ismael Ramos leva un Premio Nacional de Poesía

10:48 09/10/22
Espectacular a carreira de Ismael Ramos. O poeta mazaricán vén de levar o Premio Nacional de Poesía Jovén Miguel Hernández. O xurado do Ministerio de Cultura e Deporte valorou do seu poemario “Lixeiro” (Xerais) “a potencia da súa imaxinación poética, capaz de emprender un canto xeracional entonado dende un desencanto reconciliado.
Un éxito ao que el mesmo quita ferro na súa columna de Eldiario recoñecendo que non lle vai cambiar de clase social.
Novas relacionadas
- Entrevista 2022: Ismael Ramos: “Lixeiro busca abrazar a vida a toda costa, pero tamén fala dunha xeración en crise, dunha identidade en crise”.
- Xaneiro 17: Os fillos da fame de Ismael Ramos, Mellor Libro de Poesía do 2016 para Fervenzas Literarias.
- Marzo 2016: Ismael Ramos: “Espero que o lector de Fillos da Fame dea con algún lugar que se lle faga coñecido”.
- Maio 2015: A nova poesía costeira renace en Mazaricos.
- 2014: A bitácora da semana (CCLXXVII): As Interferencias de Ismael Ramos.