Luns. 29.04.2024
El tiempo

Leilía despediuse de Mazaricos cun emotivo concerto no MuSical

  • Moita afluencia de xente no concerto e na churrascada previa, organizada pola comisión de festas de San Xoán de Mazaricos.
  • Inchables, xogos infantís e a actuación de fin de curso da Asociación Cultural El Hórreo de Mazaricos completaron a programación.
Leilia en Mazaricos
Leilía despediuse de Mazaricos cun emotivo concerto no MuSical

Mazaricos celebrou na noite do 1 de xullo o MuSical, un evento de reivindicación da cultura tradicional dentro do cal ofreceron a súa derradeira actuación en Mazaricos as integrantes do grupo LeilíaO veterano conxunto de raíces muradás pon o broche a unha carreira de 34 anos con esta xira e congregou a ducias de veciños e veciñas que desfrutaron do seu espectáculo ‘Vidas Cantadas’.

Leilia en Mazaricos 2

Previamente, a rapazada desfrutou no Recinto Feiral da Picota dunha tarde de xogos tradicionais e inchables. Ás 17:30h tivo lugar a clausura do curso dos grupos de música tradicional da Asociación Cultural El Hórreo de Amas de Casa de Mazaricos.

Precisamente, varias das integrantes máis novas da asociación compartiron escenario con Leilía nalgún dos primeiros temas do concerto, representando a ligazón entre distintas xeracións unidades pola música e a cultura tradiciona.

Foliada Mazaricos

Xantar festa mazaricos

Comentarios