Más pataca fina de Carballo para dous produtores de Mazaricos e Zas
O presidente da Asociación Costa da Morte GDR, Manuel Muíño Espasandín e dous productores locais asinaron hoxe un acordo de colaboración enmarcado dentro do proxecto de cooperación “Nuevos Horizontes”. Coa firma do convenio entregáronse 175 quilos de pataca fina de Carballo: 50 quilos a María Luisa Mata Rial, de Zas e 125 quilos a José Manuel Maneiro Alvite, de Mazaricos.
Recuperando a terra e propoñendo emprego
Un dos problemas que se pretende atallar co Proxecto Novos Horizontes é o abandono de terras, a desaparición de pequenas e medianas explotacións agrícolas e a caída dos prezos dos productos agrarios, por iso téntase buscar cultivos alternativos e complementarios que poidan incrementar as rendas agrarias a través da diversificación.
Este proxecto, no que o GDR participa como socio, pretende impulsar iniciativas de emprego a través da posta en valor de terras agrarias, mediante a recuperación do patrimonio xenético vexetal e o fomento de novas produccións demandadas polos mercados. Deste xeito, o GDR cederá 175 quilos de pataca fina de Carballo aos productores para a súa sementeira.
Os productores, atendendo ás condicións deste proxecto de colaboración deben conservar unha parte da producción (no caso de que haxa producción) como sementes que entregarán ao GDR para seguir repartíndoa entre as persoas interesadas no proxecto e para catas.
Máis información
Novas relacionadas
- O GDR Bergantiños incrementa as variedades de cultivos na bisbarra.
- As froitas toman o Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa.
- Quilmas abre Novos Horizontes con sementes autóctonas.
- O GDR Costa da Morte e a Cooperativa Rainha Lupa amplían Horizontes.
- Carnota tamén quere ampliar os seus horizontes no seu agro.
- Xornadas de Difusión de Proxectos Leader: A Costa da Morte quere innovar.
- A Pataca Fina de Carballo vaise cocendo a lume lento.
Fonte
- Nota de prensa do GDR Costa da Morte.