Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Mazaricos acolle unha Xornada de Custoria Fluvial

Xornada de Custodia Fluvial en Mazaricos
Mazaricos acolle unha Xornada de Custoria Fluvial
Este sábado a partir das 10:30 da mañá a Casa da Cultura da Picota, Mazaricos, acolle unhas xornadas sobre Agricultura e Custoria fluvial, onde se fará fincapé na importancia dun desenvolvemento agrario sostible que sexa compatible coa conservación dos nosos ríos e de todo o que os rodea. Contaremos coa presenza de Juan Castro (investigador do CIAM) que falará sobre boas prácticas agrarias para evitar a contaminación das augas; Rafa García (responsable de vendas agrogandeiras de CLUM) fará outro tanto sobre O Futuro do valor engadido do leite estará no Gandeiro; e Eloi Rodríguez (garda fluvial de Augas de Galicia) rematará cunha comunicación que tratará da Degradación dos Bosques de Ribeira.

Comentarios