Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Mazaricos celebra o Día Internacional da Bicicleta cunha Marcha Ciclista Interxeracional

dia bicicleta MAZARICOS
Mazaricos celebra o Día Internacional da Bicicleta cunha Marcha Ciclista Interxeracional

Este venres, 3 de xuño, celébrase o Día Internacional da Bicicleta. Por este motivo, o Concello de Mazaricos organiza unha Marcha Ciclista Interxeracional o vindeiro sábado, 4 de xuño, aberta a todas as persoas e familias que queiran participar. 
A marcha partirá ás 10.30h da mañá do sábado na Casa de Cultura da Picota para realizar un circuíto circular. Haberá unha parada na área fluvial da Pontenova para o avituallamento. A marcha contará co apoio de Protección Civil e o percorrido é seguro e apto para ciclistas de tódalas idades. 


A inscrición é gratuíta e pode facerse nestaa ligazón ou no código QR do cartel da marcha, así como a través da web municipal mazaricos.gal. Só é necesario cubrir o formulario cos datos da persoa participante. 

Comentarios