Domingo. 29.11.2020
El tiempo

Mazaricos fai unha sesión de cine galego ao aire libre

Mazaricos fai unha sesión de cine galego ao aire libre

O director galego Ignacio Vilar presenta en Mazaricos a súa última película, “María Solinha”, nunha proxección ao aire libre no Campo da Feira da Picota. Con el estarán, nun coloquio de presentación, o técnico de Cultura do Concello, Suso Jurjo, a escritora mazaricá María del Carmen Rey Núñez e a artista, tamén de Mazaricos, Yasmina Farhani Luaces. A actividade é de balde pero as persoas que queiran asistir deben anotarse no 652095788 e asistir con máscara. O coloquio comezará ás nove da noite e tras iso, proxectarase o filme.

A película, producida por Vía Láctea Films e TVG, narra as peripecias de María, unha viúva galega acusada de bruxería pola Inquisición, feito que lle custou a vida. O relato móvese entre principios do século XVII, cando iso ocorreu, e o XXI, porque “entronca coa muller actual”. O elenco de protagonistas está formado por Laura Míguez, Grial Montes, Santi Prego, Antonio Durán “Morris", Mabel Rivera e Mela Casal.

Ignacio Vilar, autor das cintas “A Esmorga” e de “ Pradolongo”, é un prolífico cineasta que se sentiu atrapado pola historia dunha muller enorme que debía chegar xa ao común dos mortais e saír da lista das “descoñecidas” entre a sociedade.

comentarios